Concursos

InvestigArte

Un grupo de investigadores apasionados da fotografía e a súa utilidade para explicar ás novas xeneracións e á sociedade en xeral, as innovacións científicas e tecnolóxicas asociadas a os seus proxectos científicos, ideou o concurso InvestigArte.

InvestigArte é un concurso de arte visual científico e tecnolóxico dirixido a dous perfiles específicos:

VI Campionato Internacional de Cálculo Mental superTmatik

Trátase dunha competición internacional de matemáticas  para alumnos de primaria e secundaria (6 - 15 anos).
 
Os obxectivos principais do campionato céntranse en: promover o interese polo cálculo mental; desenvolver as habilidades numéricas e de cálculo mental; reforzar a aprendizaxe das matemáticas a través do xogo; e descubrir e premiar o talento polo cálculo mental.

VII Olimpíada de Bioloxía

A Asociación Olimpíada de Bioloxía (OEB) convoca a VII Olimpíada de Bioloxía (Fase Autonómica Galega) baixo o patrocinio de, entre outros, o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

Poderán participar nela todos os estudantes que estean matriculados, en Galicia, durante o curso 2011-2012, no 2º curso de Bacharelato e que sexan seleccionados segundo os criterios indicados.

Os interesados en participar solicitarano por escrito, cumprimentando integramente o Boletín de Inscrición e demais documentación. E deberán enviala por correo electrónico á dirección do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia: olimpiadabioloxia@biologosdegalicia.org

Prazo de inscrición: entre o 15 de outubro e o 15 de novembro de 2011. A proba celebrarase o día 13 de xaneiro de 2012 na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.

Páxinas