Semana da Ciencia na ETSE de Minas da Universidade de Vigo

Do 15 ao 19 de Novembro do 2010 celebrarase, ao igual que nos anos 2007, 2008 e 2009, na ETSE de Minas da Universidade de Vigo a SEMANA DA CIENCIA. As actividades están dirixidas fundamentalmente a estudantes de ensino medio e bacharelato, cuns contidos relacionados de forma directa coas súas instalacións e a súa investigación (asociada en esencia coa enerxía, os novos materiais e o medio ambiente).

Asemblea de Enciga (12 de novembro de 2010)

Por orde do Sr. Presidente, convócase Asemblea Ordinaria para o día 12 de novembro de 2010 ás 15:30 en primeira convocatoria, e ás 16:00  en segunda convocatoria, na sala de usos múltiples do IES Terra de Trasancos de Narón, e coa seguinte ORDE DO DÍA:

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria anterior
2.- Informe do Presidente
3.- Informe do tesoureiro e aprobación, se procede, das contas do exercicio anterior
4.- Rogos e preguntas

Xornada María Josefa Wonenburger Planells na creación de coñecemento

A xornada terá lugar o 28 de outubro en Santiago de Compostela, no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega (ver localización)

A asistencia ao acto é libre e gratuíta. Entregarase diploma de asistencia previa inscrición. Pódese obter Información sobre o programa aquí.

María Josefa Wonenburger é unha matemática galega nacida en Oleiros.

Preténdese propiciar un espazo para o estudo e recoñecemento da obra da 11:30 horas matemática e alxebrista María Josefa Wonenburger Planells proporcionando miradas Pausa en profundidade e detalle sobre o seu corpus creativo e investigador en toda a súa amplitude e singularidade. Póñense en marcha actividades e análises centradas en promover visións máis completas e complexas da traxectoria desta investigadora que tivo, e segue a ter, unha influencia indiscutible no avance das matemáticas no século xx.

Conferencia de Ada E. Yonath

ConCiencia

Programa de divulgación científica 2010

Conferencia: O ribosoma: "unha máquina de ARN que sobreviviu á presión da evolución, pero está paralizada polos antibióticos"

Ada E. Yonath

Premio Nobel de Química 2009

Consorcio de Santiago. Universidade de Santiago de Compostela

Luns 25 de outubro ás 20:00 h. no Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia (Carreira do Conde, 18)

Páxinas

Subscribe to ENCIGA RSS