Visitas guiadas

VISITA  Nº 1 :  COREN

Coren é unha Cooperativa que foi evolucionando e crecendo, converténdose así, na Cooperativa Agroalimentaria máis importante de todo o panorama nacional. Un grupo líder que conseguiu diversificar as súas liñas de negocio ata gañar a presenza sobresaínte nos mercados da avicultura, o porcino e o vacún erixíndose como unha empresa pioneira en canto a trazabilidade e seguridade alimentaria se refire.

Visitaremos o Centro de Procesado Avícola, a  Fábrica de Pensos e o Laboratorio do Parque Tecnolóxico

Curso de verán: Innovación e prácticas científicas na aula de ciencias

O Departamento de Didáctica das Ciencias Experimentais da USC organiza o curso de verán "Innovación e prácticas científicas na aula de ciencias" do 16 ao 19 de Xullo.
O curso está dirixido a todo o profesorado de ciencias de secundaria. O programa inclúe obradoiros, comunicacións e charlas sobre prácticas científicas na aula e no laboratorio.

Máis información: http://www.usc.es/cultura/uverano13cursos.htm

Presentación do XXVI Congreso de ENCIGA

Lugar de celebración

  • IES Eduardo Blanco Amor, de Ourense

Datas

  • 21, 22 e 23 de novembro de 2013

Comité organizador do XXVI Congreso de ENCIGA:

Coordinadores: 

  • Benjamín Macía Fernández
  • José Luis Díaz Leyes
Correo web para o Congreso: congreso26@enciga.org
  • Data límite para envío de resumos: 18 de outubro
  • Data límite para envío de ponencias completas: 25 de outubro
  • Data límite para a inscrición: 14 de novembro

O formulario de inscrición está dispoñible aquí.
Máis información no menú da esquerda: XXVI Congreso (2013)


 

Páxinas

Subscribe to ENCIGA RSS