Presentación do XXVI Congreso de ENCIGA

Lugar de celebración

  • IES Eduardo Blanco Amor, de Ourense

Datas

  • 21, 22 e 23 de novembro de 2013

Comité organizador do XXVI Congreso de ENCIGA:

Coordinadores: 

  • Benjamín Macía Fernández
  • José Luis Díaz Leyes
Correo web para o Congreso: congreso26@enciga.org
  • Data límite para envío de resumos: 18 de outubro
  • Data límite para envío de ponencias completas: 25 de outubro
  • Data límite para a inscrición: 14 de novembro

O formulario de inscrición está dispoñible aquí.
Máis información no menú da esquerda: XXVI Congreso (2013)


 

O Defensor do Pobo falla a favor de Paco Rañal

Adxúntase a carta que o noso compañeiro, socio e amigo, Paco Rañal, nos remitiu para darlle difusión entre as persoas asociadas a ENCIGA. Pensamos que o fallo do Defensor do Pobo a favor do noso compañeiro pode ser un fito importante. A Consellería ten un prazo dun mes -xa lle queda menos- para recurrir.

Lede primeiro a carta de Paco aos socios e logo lede as resolucións que -aínda que longas- paga moito a pena lelas por ser de interese para todo o profesorado.

RSM-IMAGINARY

Conferencias no marco da exposición RSME-IMAGINARY-Santiago:

"Matemáticas para el Planeta Tierra", a cargo do Prof. Miguel Herrero,
Día: xoves 25 de abril
Hora: 19:30
Lugar: Igrexa da Universidade (Na praza de Mazarelos_Facultade de Xeografía e Historia)

"Sentidos y límites de la utilidad: el conocimiento y la dicha de vivir", a cargo do Prof. Ángel Gabilondo

Exposición Imaginary

A RSME (Real Sociedad Matemática Española) e a USC organizan a exposición IMAGINARY, en colaboración coa Facultade de Matemáticas e ENCIGA, entre outras organizacións e entidades. Estará ata o 16 de maio na Igrexa da Universidade situada na Praza de Mazarelos no edificio da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago.

Páxina principal: http://www.usc.es/gl/centros/matematicas//imaginary
Para visitas de grupos: http://www.usc.es/gl/centros/matematicas/imaginary/visitas_grupos.html


Xornada informativa sobre a Minaría

Data: Sábado, 23 de febrero de 2013
Lugar
: IES Xelmírez I (Campus Universitario)

10:00 "Situación actual e futuro inmediato da minaría: materias primas críticas"
Poñente: Alfonso Gracia Plaza (xeólogo da Universidade de Salamanca)


12:00 "A actualidade mineira en Galicia: consecuencias ambientais e perspectivas de futuro"
Poñente: Serafín González Prieto (edafólogo e investigador do CSIC da USC)

Máis ...

Curso presencial sobre aplicacións tradicionais e innovadoras da enerxía solar

Dende o 8 de marzo ao 20 de abril vaise celebrar en Santiago de Compostela, no CAFI (Lamas de Abade) o curso presencial de 30 horas S1201077_ Aplicacións tradicionais e innovadoras da enerxía solar . O programa do curso podedes consultalo no documento adxunto.
O prazo de inscrición está aberto ata o 20 de febreiro en www.edu.xunta.es/fprofe

 

Páxinas

Subscribe to ENCIGA RSS