Exposicións e Pósters

Exposicións

IES As Telleiras

"A NATUREZA GALEGA"
Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)

Exposición na que contaremos con pezas de gran tamaño como o esqueleto dunha balea de 18 m de lonxitude, ou a maqueta dun caldeirón.

Veremos diferentes exemplos de bioloxía mariña entre os que atoparemos cranios de cetáceos, quenllas,….

Poderemos gozar de coleccións de peixes, de pegadas de animais, de cranios de mamíferos,…

Os paneis informativos que forman parte da exposición achégannos aos detalles da vida e da natureza do noso entorno.

Pódese atopar información detallada sobre o contido da exposición na dirección: http://www.sghn.org/Seccion_Museo_Natureza/Exposicions_itinerantes_Museo.html

IES As Telleiras

"O Courel: terra de Soutos"

José Francisco Rodríguez Nieto

 

20 fotografías de 40 x 60 cm que intentan reflectir a riqueza natural e humana da reserva de biodiversidade e xeodiversidade máis importante de Galicia: as terras do Courel.

 

Saber máis sobre José Francisco Nieto

Ver máis sobre a exposición

 

IES As Telleiras

"UNHA OLLADA Á NOSA HISTORIA"

Departamento de Ciencias Sociais, IES As Telleiras (Narón)

 

Ao celebrarse este curso o vixésimoquinto aniversario do instituto, o departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia organiza, coa colaboración dos distintos estamentos do centro, do concello de Narón e doutras entidades e particulares, unha exposición que pretende recoller o que é a historia do noso centro.

A exposición consta de once paneis e ademais recolle unha pequena mostra dos utensilios propios do oficio de “telleiro”, que precisamente dá o nome ao instituto por atoparse emprazado no lugar ocupado antigamente por unha telleira.

IES As Telleiras

MONTAXE E MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS SOLARES FOTOVOLTAICAS

Antón Casal Díaz (director xerente de forGA)

 

 

 

Xosé Mendoza Rodríguez
José García Carrera

 

No ano 2009, o forGA (Fundación para a orientación profesional, a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico, o emprego e a formación en Galiza), a través dunha acción complementaria promovida pola Consellería de Traballo desenvolveu os materiais didácticos, adaptados á formación a distancia e ao uso das novas tecnoloxías, correspondentes ao certificado de profesionalidade “montaxe e mantemento de instalación solares fotovoltaicas” orientados a favorecer a autonomía, espertar a curiosidade pola materia, motivar o estudo e manter a atención, presentando a información de xeito ameno.

 

 

 

Pósters

IES Terra de Trasancos

XOGOS MATEMÁTICOS

Consuelo Castro Vázquez, (departamento de matemáticas IES Terra de Trasancos).
Mª Beatriz Lamigueiro Mourente, (departamento de artes plásticas ES Terra de Trasancos)

 

    "O DRAGÓN DE TRASANCOS", xogo de mesa no que para alcanzar a meta (cabeza do dragón) os xogadores terán que solucionar diversas probas do tangram.

    "O CARACOL DAS MATEMÁTICAS”, xogo de mesa no que para alcanzar a meta os xogadores terán que solucionar diversas probas de enxeño nun xogo da oca na espiral do caracol.

Exposición: “O Courel: terra de Soutos”

 

RESUME

 

A Serra do Courel é un macizo montañoso situado no surleste da provincia de Lugo, que se estende polos concellos de Folgoso do Courel, Quiroga, Pedrafita do Cebreiro, Barjas, Oencia, Samos, Vilamartín de Valdeorras, Incio, Triacastela e Poboa do Brollón.

 

Cobre unha superficie de máis de 80.000 hectáreas, con fortes variacións de altitude, dende os 300 no val do Lor aos máis de 1.600 m nos cumes de Formigueiros (1 643 m) e o Pía Paxaro (1 610 m). Os ríos Selmo, Soldón, e Lor, e os seus afluentes forman ricos vales con moi variados hábitats e ecosistemas que fan que esta serra sexa a reserva de biodiversidade e xeodiversidade máis importante de Galicia, diversidade recoñecida a nivel europeo ao ser incluída na Rede Natura 2000.

 

Nunha sima desta serra atopáronse os restos humanos máis antigos de Galicia (entre 8 000 e 10 000 anos). Na cova Eirós achouse recentemente, a única industria lítica Neanderthalensis de Galicia.

 

A gran diferenza altitudinal entre os profundos vales e os cumes, a enorme variedade de substrato edáfico e rochoso, e a confluencia de variedades climáticas Atlántica e Mediterránea, son as causas de que esteamos ante o espazo de maior biodiversidade de Galicia tanto botánica como faunística.

 

As Devesas, os mellores bosques primitivos de Galicia, e os Soutos, máis de un centenar de bosques, todos eles con exemplares de máis de 300 anos, e os únicos aciñeirais de Galicia, conforman o patrimonio forestal, ameazado por repoboacións alóctonas sen sentido.

Centos de camiños e sendeiros, numerosos colmeares fortificados contra o oso, cabanas de pastoreo, ferreirías, pontes, vilas medievais… dan idea dun poboamento antigo por parte do home, que soubo sobrevivir sen producir danos irreparables a natureza que o rodeaba.

 

.

 

 

CURRICULUM FRAN NIETO

 

Fotógrafo especializado en fotografía de natureza, membro da Asociación Española de Fotógrafos da Naturaeza (AEFONA) e membro fundador da Sociedade Internacional Wildlife Photography Society, que ten como principal labor a divulgación dos nosos valores naturais a partir, fundamentalmente, dos traballos dos seus membros.

Organizador e promotor do primeiro congreso de Natureza e Fotografía de A Coruña, en 2009, que contou coa colaboración dos Museos de A Coruña.

Foi director da revista Naturaleza Salvaje a través de la Fotografía desde xaneiro de 2004, un referente en calidade de impresión a nivel nacional.

Ten obtido máis de 40 premios de fotografía en certame como o de “Colmenar Viejo”, “La Semana de la Cigüeña” de Plasencia, “Naturalistas de Girona”, “Montbarbat”, “Premios Galen Rowell”, “Memorial María Luisa”, “Ateneo Ferrolán”

Impartiu máis de 50 cursos de fotografía a todos os niveis a colectivos de fotógrafos, deseñadores gráficos e a investigadores, entre eles o de Macrofografía e o de Aplicacións Científicas da Fotografía (Nivel avanzado), na Estación de Fitopatoloxía de O Areeiro. Na actualidade imparte cursos de xestión de color, Lightroom, Photoshop para fotógrafos e fotografía nocturna.

Realizou numerosos audiovisuais para diferentes congresos internacionais e nacionais, algún dos cales forma parte dos contidos de aulas de interpretación de diferentes parques nacionais de Costa Rica.

Participa en diferentes exposicións a nivel nacional (Outono fotográfico, Semana de la cigüeña, Museo de Ciencias Naturales de Madrid, Exposición de FONMAD 2007, AEFONA 2007…). Con carácter individual organizou as exposicións O límite do mar, Dulce y salada e A Costa Ártabra.

Colaborou e realizou libros como Rutas para fotografiar la Naturaleza, Ferrol para ver, Macrofotografia, Camelia, Guía de los salmones de España, Guía de los anfibios y reptiles de la Península Ibérica…

As súas fotos edítanse con frecuencia en almanaques, dípticos, folletos, pósteres, carteis, webs e revistas de divulgación da natureza (Natura, Quercus,...)