- Visita ao museo etnográfico da Fonsagrada: Fundado no ano 1984 por un padroado formado por veciños da Fonsagrada e do que na actualidade forman parte o Concello e os centros de ensino. O museo ten pezas de Etnografía, de Arqueoloxía e de Arte Contemporánea.
- Percorrido dun tramo do Camiño Primitivo: Desprazarémonos en autobús ata Pedrafitelas para percorrer despois a pé o tramo do Camiño Primitivo que, desde este lugar, se dirixe ao Real Hospital de Santiago de Montouto (hoxe derruído), fundado no ano 1360 por Pedro I O Cruel. Neste bonito marco natural veremos tamén un dolmen e, se o tempo o permite, disfrutaremos dunhas magníficas vistas da serra dos Ancares. Continuaremos ata Paradavella (sorpresa!!) . Regresaremos en autobús ata Padrón.
- Visita ás industrias cárnicas “Casa Castelao”:Adícanse a produción e a comercialización de produtos cárnicos tanto de porco branco como de porco celta: butelos, chourizos, salchichón, lacón, panceta, ...
- Visita á Póboa de Burón: Desprazarémonos en autobús ata a Póboa de Burón que foi capital do Concello ata o ano 1835. Veremos as ruínas do que foi un importante castelo medieval que pertenceu aos condes de Altamira e onde tiveron gran trascendencia as revoltas irmandiñas. Daremos un paseo pola praza de Mao Tse Tung, a de Lenin, Carlos Marx ou polo barrio de Triana. Regreso en autobús á Fonsagrada.
| 
|