Ruta 2

RUTA 2:   SEIMEIRA VILAGOCENDE - A FORNAZA -  RÍO DE PORCOS - NEGUEIRA  DE MUÑIZ

  • Saída en autobús e chegada a Vilagocende, onde camiñamos a pé ata a seimeira.

  • Continuamos a nosa ruta en autobús pasando por Vilar da Cuíña, onde se atopa unha antiga Ferrería.

  • Chegamos á Fornaza e dende o seu mirador Arexo, podemos ver unha espectacular paisaxe: os restos das minas de ferro, a casa “Da Dirección”, o percorrido do embalse entre as montañas, a estrada da época da República...

  • Deixamos en autobús Arexo e 10 minutos despois chegamos a Río de Porcos, pobo de réxime compartido (Galicia e Asturias), illado pola construción do Gran Salime, ao que só se pode acceder mediante unha ponte colgante, á que chegamos tras un breve percorrido pola vella estrada da República.

  • Saída cara a Negueira de Muñiz, pasando por Ponte Boabdil sobre o río Navia.

  • Chegada a Negueira de Muñiz, onde realizamos unha visita ás bodegas “Panchín”.

  • Visita no Acebo ao lugar onde mataron ao Comandante Moreno durante a Guerra Civil.

  • Regreso á Fonsagrada.

Ruta 2

Significado dos símbolos

Material: roupa axeitada (de abrigo), calzado cómodo, cámara de fotos

Dificultade: Baixa

Profesores coordinadores: Mª José Ansede Prado e Constantino Álvarez Muiña

Número de prazas: 50