Ruta 3

RUTA 3: ETNOGRAFÍA E PAISAXE DA RIBEIRA DO RÍO LAMAS

  • Para moita xente, falar da Fonsagrada é falar da montaña lonxana, de neve, frío, néboa e estradas con moitas curvas. Nesta saída non imos evitar as curvas (máis ben ao contrario, imos gozar da diferente perspectiva da paisaxe ao dar a volta en cada unha delas), o que si imos facer é abandonar o alto da montaña, para adentrarnos nun dos seus vales: o val do río Lamas, un río acolledor e nutricio, como se demostra vendo os moitos pobos e aldeíñas salpicados polas ladeiras.
  • Os habitantes destes vales foron deixando a súa pegada dende tempo inmemorial en forma de muíños, mazos, igrexas, casas, hórreos, etc, máis ou menos conservados. O que si se conserva bastante ben é a paisaxe de ribeira con soutos de castiñeiros, pero tamén carballos, freixos, bidueiras e salgueiros entre outros.
  • Nesta saída visitaremos o mazo da Porteliña, faremos un pequeno roteiro a pé entre os pobos de Cereixido e Lamas, que nos levará aproximadamente unha hora, para, finalmente deternos en Lamas; un dos pobos mellor conservados da comarca, ver a súa igrexa románica e, se hai tempo, achegarnos a un muíño. Por suposts haberá algunha sorpresa.

Ruta 3

Significado dos símbolos

Material: Roupa axeitada (de abrigo), calzado cómodo, cámara de fotos

Dificultade: Baixa

Profesoras coordinadoras: Mª Trinidad Fernández Fernández e Laura Fernández López

Número de prazas: 50