RUTA 4: A FONSAGRADA – GRANDAS DE SALIME
- Visita á Central Hidroeléctrica de Grandas de Salime: Desprazarémonos en autobús dende A Fonsagrada ata a vila asturiana Grandas de Salime onde percorreremos as instalacións da central hidroeléctrica de Salime, central con relevos e pinturas do seu deseñador (o arquitecto Joaquín Vaquero Palacios). Nos seus arredores visitaremos un mirador para contemplar a construción e a natureza do lugar.
- Visita á Industria Láctea Monteverde: Desprazarémonos en autobús ata Grandas de Salime onde visitaremos as instalacións da Central Láctea Monteverde. Industria adicada á fabricación de queixo de vaca e á comercialización de produtos de alimentación lácteos. A recollida do leite realízase nas zonas cercanas á central.
- Visita á vila de Grandas de Salime: Desprazarémonos ao centro da vila para facer un breve percorrido polos lugares máis destacados desta localidade declarada “Plueblo Ejemplar de Asturias” no ano 1993. Dentro deste percorrido faremos unha visita guiada ao museo etnográfico.
- Visita ao museo etnográfico de Grandas de Salime: O Museo Etnográfico de Grandas de Salime é un museo público, de carácter comarcal e cuxa titularidade ostenta o Consorcio para a Xestión do Museo Etnográfico de Grandas de Salime. A misión do museo é reunir, custodiar, conservar, incrementar, investigar, comunicar e difundir o patrimonio material e inmaterial de carácter etnográfico da Comunidade do Occidente de Asturias. Neste Museo albérganse unha cantidade moi importante de pezas procedentes da Fonsagrada.
* Por suposto haberá algunha sorpresa. |  |
Material: Roupa axeitada (de abrigo), calzado cómodo, cámara de fotos
Dificultade: Baixa
Profesoras coordinadoras: Nazaré Carrín Fernández e Mª José Gorgoso Varela
Número de prazas: 50