Ruta 5

RUTA5: ETNOGRAFÍA E PAISAXE DOS OSCOS. (SANTALLA D'OZCOS) 

Os Oscos conforman unha “Comarca Natural” coa Fonsagrada. Forman parte desta Comarca Asturiana os “CONCEJOS” de San MARTÍN, VILANOVA e a propia Santa EULALIA. Noutros tempos comparábase coas Hurdes debido ás dificultades da orografía e a economía de subsistencia, máis isto mudou co PLAN INTEGRAL DOS OSCOS-EO (anos 86-87) en que se desenvolven iniciativas emprendedoras (económicas e de turismo) que mudan as formas de vida das súas xentes...

Aínda que, xa en terras de Asturias, a súa vinculación, tanto económica como cultural, coa Fonsagrada e as fluídas relacións entre os habitantes das dúas comunidades, amosa que as fronteiras son ficticias porque na realidade entremézclase incluso a lingua, formas de ser e de pensar...

Disfrutaremos dun entorno natural coidado e ben conservado, con bos exemplos de rehabilitación integral dunha aldea (FERREIRA), un mazo do MAZONOVO do século XVIII e que se mantivo en funcionamento ata inicios do XX, visita á casa natal-museo do Marqués de Sargadelos, ao telar de Irene... e non pode faltar o café na casa Pedro ou na Cerca, bos exemplos de casas de Turismo Rural....

Non podemos esquencer o propio pobo de Santa Eulalia (Santalla como topónimo máis habitual na zona) que seguro, que vos gustará, como exemplo de pequena vila asturiana chea de encanto, maxia...., rodeada dun marco natural incomparable .... que ben seguro volveredes a visitar … porque enfeitiza...!!!

Ruta 5

Significado dos símbolos

Material: Roupa axeitada (de abrigo), calzado cómodo, cámara de fotos

Dificultade: Baixa

Profesores coordinadores: Gloria Fernández Blanco e Iván Jesús Ramil Vázquez

Número de prazas: 50