Francisco Rañal -o profesor ac(u)(o)sado quere aclarar o sucedido, para o que nos envía:
- O exame final posto en maio, para que se poda comprobar o seu nivel de dificultade
Comentarios
Aprobados pola inspección
Quixera transmitir a miña preocupación polo que ocurríu estes días no IES Rosalía de Castro e a solidaridade co profesor Rañal. O que pasou é un sinal destes tempos críticos.
Penso que no fondo o obxectivo de todos os que moveron (profesorado implicado na crítica ao profesor, autoridades educativas e xornalistas) era o mesmo: crear un caldo de cultivo favorábel a que os "inspectores especialistas" modificaran as notas para que quedaran os pais contentos. E nese sentido o profesorado está vendido. As decisións desa "autoridade competente" está tan condicionada que non sirve de moito recoñecerlle autoridade.
Luis Cachafeiro
grave injusticia
Hola, compañeros de Enciga:
Creo que el profesor Rañal ha actuado correctamente y que se ha cometido una injusticia enorme por parte de la inspección y los medios, por la que debería ser indemnizado. Todos los profesores de Física sabemos que esta materia presenta cierta dificultad para muchos alumnos en 2º de Bachillerato y es normal que las notas sean bajas e incluso que haya alumnos académicamente buenos que sólo suspendan esta asignatura (no habría que evaluar también la base, el interés y el tiempo de estudio de los alumnos?). Esto ha ocurrido siempre y no determina para nada el futuro profesional del alumno, que puede destacar en otros ámbitos.
Me parece que el examen final se ajusta bien a los contenidos de Selectividad y no tiene una gran dificultad.
Espero que el profesor Rañal pueda hallar el apoyo adecuado para poder seguir desarrollando su labor sin trabas.
Nuria Rodríguez.
Solidariedade
Non pode deducirse que o alumnado en cuestión sofrese algún tipo de discriminación por unha actuación indebida súa, profesor Francisco Rañal. Talvez as causas se encontren en episodios precedentes e alleos á súa acción docente e esta "remuda" das cualificacións intente ocultar a deliberada ausencia de supervisión que noutrora debeu terse feito por parte de quen ten ese tipo de responsabilidade. Non sei, todo é posible.
Somos moitos os que te estimamos como persoa e como profesional comprometido coa calidade da Educación, amigo Paco. En calquera caso, que este magoante incidente non te arrastre polos vieros do desánimo. Nós seguimos contando contigo. Unha grande aperta con moito agarimo.
A pesar das baixas notas que
A pesar das baixas notas que acadamos este ano na asignatura de física apoiamos ao profesor Paco porque aprendemos moito neste curso académico chegando incluso a mellorar as nosas notas progresivamente. Tamén queremos agradecerlle os seus comentarios bromistas durante todo o curso que nos fixeron as clases máis amenas.
Un saúdo dos teus alumnos de HL
Moitas grazas, rapaces/as
Motísimas grazas, "monstros e monecas".
Xa escribín nun comentario anterior que son as mensaxes de apoio dos meus ex-alumnos/as as que máis aprecio, porque sodes vos os únicos que coñecedes de primeira man o meu traballo na aula e, polo tanto, a vosa opinión é a máis autorizada.
Non imaxinades canto sinto non volver a vervos na aula, agora que xa empezabamos a compenetrarnos un pouco e a nosa relación docente parecía cada vez máis fluída. Sodes uns alumnos magníficos cun potencial enorme, que espero que os profesores que teñades no futuro vos axuden a plasmar. Deséxovos de corazón moita sorte nos exames do Bacharelato Internacional e no resto da vosa traxectoria académica, que estou seguro que será moi moi exitosa.
Unha forte aperta do voso ex-profe Paco.
Nuestro parecer
Hemos sido los primeros en apoyarle en los momentos de protesta del alumnado. El nivel dado es el adecuado, de hecho, modestamente, no ha podido ser mejor.
Es importante resaltar que no se puede relacionar los conocimientos aprendidos con la nota recibida. ¿Por qué en la actualidad se prefiere un 10 regalado a un 5 sufrido y justo?Lo importante en esta vida parece que es presumir, "fardar" de nota, en vez del saber, del conocimiento.
Con todo lo dicho creemos que una persona no se puede rendir tan fácilmente. Le debemos insistir en que no abandone su meta, disfrutar enseñando y colaborar en nuestra educación para nuestro beneficio; como lo lleva haciendo todo este curso.
Le pedimos, sinceramente, que nos gustaría contar con usted para el próximo año y ayudarnos, con su ayuda inestimable, a conseguir el título de Bachillerato Internacional.
Muchas gracias
Moitas grazas, Carlos
Apreciado Carlos:
Quédome sen palabras para agradecerche a túa valentía por amosar públicamente o teu apoio ao meu traballo. Xa ma demostraras cando comezou todo este lío, liderando o proceso que desembocou na votación que permitiu que continuara avaliando aos alumnos de 1º de Bacharelato Internacional. Na miña opinión estes xestos teus reflicten gran nobreza e madurez da túa parte, e quero amosarche eu agora públicamente o meu máis sinceiro e profundo agradecemento.
Dame moita pena non voltar a darvos clase, porque xa comentei aquí anteriormente que a nosa interacción na aula comezaba a ser moi fluida e o voso rendimento académico non paraba de mellorar. Non sabes canto me gustaría seguir o ano que ben con vos. Pero certos comportamentos da dirección, dalgúns profesores, da inspección e da Consellería fixéronme moito dano, ata o punto de que a idea de seguir no voso instituto fáiseme insoportable. Tentarei de non volver a poñer os pes no Rosalía e esquecer este lamentable episodio o máis axiña que poda. Espero que o podades entender e me disculpedes.
Síntoo de verdade, créeme. E non só por vos, senón tamén por min, porque dar no B.I. era un reto moi atractivo, algo distinto e moi estimulante para min. Ademáis agora terei que volver a viaxar ata outro instituto de fora de Santiago, polo que gastarei máis e perderei máis tempo no coche cada día. Pero inda así o prefiro a ter que ver as caras de certa xente.
Pero non te preocupes, seguro que o curso que ven en seguida conectaredes co profesor que ocupe o meu posto e a vosa preparación vai ser sen dúbida excelente. Estou convencido de que vades sacar sen problema o diploma do BI. E con boa nota en Física!
Moita sorte no futuro, que de seguro vai ser brilante se te esforzas dabondo e mantés a coherencia e a sensatez que a min me demostraches.
Moitísimas grazas unha vez máis, e noraboa aos teus pais pola educación que che están dando.
Unha forte aperta.
No estamos de acuerdo con
Moitas grazas Marta e María
Apreciadas Marta e María:
Énchenme de satisfacción as vosas palabras de apoio ao meu traballo na aula con vos. Non podedes imaxinar canto ben me fan, canto me animan e canto volas agradezo nestes momentos nos que a miña profesionalidade está posta en dúbida públicamente. Sodes vos, os meus ex-alumnos/as, quen mellor pode xulgar a miña labor docente e por iso me enorgullece tanto que vos a aprobedes.
Dame moitísima pena non volver a tervos como alumnas, porque creo que chegamos a entendernos ben, nas clases tiñamos unha boa atmósfera de traballo e o voso rendimento académico foi ascendente. Pero, desgrazadamente, como xa lle expliquei a Carlos no comentario anterior, vou tentar de non voltar ao voso instituto nunca máis. O comportamento de certas persoas e institucións creo que foi, como mínimo, inxusto conmigo, polo que vou tentar de non volver a velas e así pasar páxina o antes posible.
Dóeme moito, por vos e por min, creédeme. Pero, como xa escribín antes, estou absolutamente convencido de que, posto que sodes unhas alumnas excepcionais, vos vades a adaptar deseguida ao profesor do curso próximo, vades a continuar mellorando e seguro que nos exames do BI e da selectividade vades obter uns resultados magníficos. Segurísimo! Non vos preocupedes! Seguide traballando duro como ata agora e xa veredes como o voso esforzo terá recompensa.
Moitísima sorte no académico e en todo o demáis. Sodes excelentes como alumnas e, o que é máis importante, como persoas, polo que estou seguro de que o voso futuro vai estar cheo de éxitos e alegrías.
Moitísimas grazas unha vez máis polas vosas inestimables verbas de apoio.
Unha forte aperta.
Paco Rañal
Gracias por todo
Para empezar, debo dicir que o que aqui aconteceu foi unha tremenda inxustiza, xa que non nos preguntaron a certos alumnos que prefiriamos, se unha nota baixa e unha gran cantidade de coñecementos aprendidos ou unha nota alta para nada merecida.
Desde o principio de curso xa nos dixo que a física era unha asignatura difícil e que non era doado aprobar, isto supuxo (para min polo menos) unha gran motivación e un afán de superarme para demostrar que eu era capaz de facelo e adquirir todos os coñecementos posibles no camiño. Esa esixencia fíxome esforzarme máis, foi duro, pero aprendín a levar a materia ao día e a traballar con constancia. E a recompensa foi gratificante, porque dudo moito que, incluso sacando mellor nota, houbese aprendido máis con outro profesor do que aprendin con vostede este ano.
Por último solo quero agradecerlle todo o que fixo por nos e todo o que nos ensinou. Pese a que comprendo perfectamente os motivos da súa marcha, non deixa de darme mágoa non volver a telo como profesor.
Un saúdo.
Moitas grazas a ti
A min tamén me da moitísima mágoa non seguir téndote a ti e aos teus compañeiros como alumnos, créeme, pero non me queda outra opción. Alédame que alomenos entendas as razóns para a miña difícil decisión de tentar de marchar do voso instituto.
Moitísimas grazas de corazón por defender públicamente o meu traballo nestes momentos en que a miña profesionalidade e honestidade están sendo cuestionadas. Non te imaxinas canto me axuda a recompoñer a miña autoestima e a sobrelevar a rabia que este episodio me está a provocar.
Non te preocupes polo curso que ven porque, como xa desenvolviches bos hábitos de traballo diario, estou seguro de que, independentemente do profesor, vas continuar aprendendo moitísimo e non vas ter problema ningún nin nos exames do B.I nin nos da selectividade. Segue a traballar así de duro e chegarás onde te propoñas ¡Seguro!
Moitísima sorte no futuro e unha aperta moi forte.
Paco Rañal
Dios aprieta pero.....
Somos moitos os profesores que impartimos materias en 2º Bach e sufrimos presións nas xuntas de avaliación, por parte dos propios compañeiros, equipos directivos e pais; pero non por iso deixamos de facer o noso traballo, sobre todo, cando hai alumnos que nos están a esperar. Xa sabes ( e así me consta) "Que Dios aprieta pero no ahoga".
Mi opinión
Antes de nada quería decir que me parece una tremenda injusticia todo por lo que has tenido que pasar. Sí, es cierto que algunos ejercicios del examen tienen un nivel un poco mayor a lo habitual, pero también hay que decir que estos ejercicios se pueden hacer perfectamente si se ha practicado lo suficiente en casa. Yo, sinceramente, creo que el nivel que nos exigías en los exámenes era el adecuado, ya que de este modo contaremos con una mejor base en física.
Las personas que te critican pueden decir lo que quieran, pero lo que no saben es que se encuentran ante un magnífico profesor, que ameniza mucho las clases con sus chistes, pero que a la vez estamos aprendiendo un montón y, por lo tanto, las clases de física se hacen mucho más interesantes.
Gracias por hacer que me guste tanto la física. Te echamos de menos.
Iago.
Moitísimas grazas, Iago
Non sei que máis decirche, Iago. Todo o meu agradecemento non consigo expresalo, non me cabe nun comentario destes, non me quedan palabras xa. Só podo insistir no que lles contestei a Carlos, Marta, María, etc. A vosa opinión é para min a máis importante, porque só vos coñecedes realmente o meu traballo. O teu recoñecemento dame moito ánimo.
Independentemente do profesor, estou seguro de que, se sigues aplicándote como ata agora, vas a obter o diploma do B.I. e ademáis con boa nota en Física. Estou convencido de que tes boas dotes para seguir unha carreira científica ou técnica e que chegarás tan lonxe como te propoñas.
Moitísima sorte e unha forte aperta.
Agradecemento
Quédome sen palabras para expresarche o meu agradecemento. Iago. Non cabe nun comentario destes. Só insistir no que xa lles contestei a Carlos, Marta, María, etc. Que a vosa opinión é para min a máis importante e que o voso apoio me anima máis que ningunha outra cousa.
Se sigues a aplicarte como ata agora, estou seguro que, independentemente do profesor, vas obter o diploma do BI e ademáis con boa nota en Física. Ti es un alumno con dotes para calquera carreira científica ou técnica e, se sigues esforzándote así chegarás onde te propoñas.
Moita sorte, moitas grazas de novo e unha forte aperta
Como compañero del IES
Moitas grazas
Moitas grazas polo teu apoio.
Estou totalmente de acordo contigo no peligro que supón para a escola pública e para a nosa sociedade que a educación non conduza a unha verdadeira meritocracia, que non sexa un ascensor social xusto e equitativo.
E que lástima que para afirmar tal indiscutible verdade non te atrevas a asinar co teu nome. Pero comprendo perfectamente que non fagas. Para min é só un síntoma máis da atmósfera pouco democrática que impera no IES Rosalía.
Unha aperta.
ERAN FILLOS DE QUEN ERAN!! ESA É A CLAVE DO "ÉXITO"
Boas, Paco. Son compañeira túa e quero expresarche o meu apoio incondicional. Coñezo o teu traballo por medio de ex-alumnos e de compañeiros teus de instituto.Todos coinciden en dicir que es unha persoa traballadora e xusta.Eu anímote a que con esta inxustiza chegues ata o final, a que vaias ao xulgado. Fixeron do teu traballo un escarnio público, condenáronte antes de ser xulgado ( "o cateador"-dicía a prensa). O propio director alimentou este linchamento dicindo no acto final de 2º de Bac que había que reclamar.....e un sinfin de cousas máis!! FOI NAUSEABUNDO
Tampouco entendín nunca a postura deses compañeiros teus que contribuíron ao linchamento.Pero......que vaian preparándose porque supoño que despois desta sentenza moitos máis alumnos se animarán a reclamar!! Seguro que xa se ocuparán de inflar ben as notas porque se non.....
Eu, coma eles, non durmiría tranquila. Aínda que os estómagos agradecidos antepoñen a política a calquera cousa........E esta xente do Rosalía moitas débedas deben ter pendentes coa Consellería. TRÁFICO DE INFLUENCIAS....
Un saúdo e moita forza para seguir.
Apreciados compañeiros/as de ENCIGA:
Quero manifestarvos o meu sinceiro agradecemento polas vosas mensaxes de apoio e solidariedade. Representa un grande alivio para min sentir que non estou completamente so nestes difíciles momentos.
Moito me temo que o que a min me aconteceu estase a facer cada ano máis común. Acábanme de chegar noticias dun caso parecido en Lugo (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2012/06/06/siete-alumnos-ies-ollos-grandes-llevan-xunta-suspenso-apeo-selectivo/0003_201206L6C4991.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz)
Mentres aos profesores nos sigan a encargar a crucial tarefa decidir quen vai ou non á selectividade e a nota desta conte só un 40% frente ao 60% do expediente, os pais e os alumnos van a seguir presionándonos cada día con máis forza, animados por éxitos como o do meu caso, para que lles inflemos as notas. E vos sabedes que o fácil, o cómodo, o agradecido para un profesor é ceder a esas presións. Aqueles que non o fan deseguida se lles etiqueta de sádico, cabrón e mala persoa, incluso por aqueles docentes que sí ceden ás presións. Se a nota de acceso á universidade viñera determinada só polos exames externos, a imaxe pública do profesor na sociedade podería mellorar notablemente. Entón podería ser visto como un entrenador que axuda aos seus pupilos a sacar o mellor de sí mesmos para superar esas probas externas, non como un energúmeno que lles pode foder, con perdón, o seu futuro.
Mentres non sexa así, e a partires desta traumática experiencia, para os próximos cursos estou valorando a posibilidade de, no lugar de usar esas fórmulas tan complicadas que suxerides, poñerlles directamente a todos os meus alumnos un 10. Ensinaríalles o mellor que sei, coma fixen sempre, e faríalles exames normais para que coñecesen o seu nivel real na asignatura, pero despois repetiríalles o exame coas respostas diante, para xustificar así a nota por si a inspección se metese (que non creo, porque só o fan se pos notas baixas e os pais protestan). Deste xeito non tería que facer exames de recuperación nin tería que ir ao instituto en setembro. Que os alumnos estudiarían menos ao saber que teñen o 10 asegurado? Xa o sei, pero que máis da, nin eles nin os pais protestarían. Só lles preocupa a nota, non o que aprendan realmente. Que logo sacarían mala nota na selectividade? Non importa: mentres saquen un 4 xa fan media coa nota do expediente, e ésta sería alta debido ao meu 10 e ao dos demáis profes "guais", polo que pasarían por diante dos rapaces doutros institutos que teñen profes “cabróns”. Esa é a filosofía do centro ao que cheguei este ano (o Rosalía de Castro) e a de moitos centros privados. Así que non a desbotedes tan axiña, porque estase a xeralizar e tal vez teñades que aplicala antes do que creedes...
Ademáis nesta experiencia detectei algo que me preocupa moito: a corrupción no noso pais chega ata estes pequenos/grandes asuntos educativos. Hai funcionarios de inspección e cargos da Consellería con comportamentos que só podo calificar de mafiosos e caciquís. Algúns dos encargados de velar porque o sistema educativo funcione e sexa o máis equitativo e xusto posible, ocúpanse tan só de favorecer aos fillos desta e de aquel. Están alineados cos pais fronte aos profesores, corpo do que “escaparon” para poñerse por riba del e disfrutar do seu poder. Non lles preocupa para nada a calidade do ensino; só buscan contentar ás familias e aos medios de comunicación. Pretenden que diminúa o fracaso escolar só nas estatísticas, subindo as notas artificialmente ou coa baixada xeralizada do nivel de esixencia. Os que me coñecedes sabedes que eu son moi crítico con noso sistema educativo, pero mentres non cambie, creo que o noso deber como funcionarios e aplicar a lexislación vixente. Atopei que hai membros da administración educativa con máis poder ca nos que non o creen así. Creo que está ben sabelo para actuar en consecuencia.
En fin, foi esta para min unha moi desagradable pero aleccionadora experiencia. As mostras de apoio dos compañeiros coma vos, pero sobre todo dalgúns ex-alumnos, que son quen mellor coñece o meu traballo, son o único positivo que saco dela (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2012/06/05/educacion-sube-nota-fisica-alumnos-rosalia-reclamaron/0003_201206S5C6991.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz ).
Moitas grazas de novo polas vosas mostras de solidaridade.
Un cordial saúdo.
Paco Rañal.