Oradores Invitados

 Conferencia 1: COUSAS QUE SE APRENDEN COS CALENDARIOS

José María Barja Pérez (currículo)

Os feitos cotiáns tenden a permanecer invisibles e a semana de sete días, un deses feitos, proporciona un exemplo ideal para examinar a interacción humana co tempo. É o único, entre os ritmos principais da actividade humana, que é totalmente independente da natureza e que se basea só na regularidade matemática. Pode verse como unha das maiores fazañas da historia da civilización. Ademais, é un ciclo concordante na maioría dos calendarios que usa a humanidade, pois, na nosa inconcreta medida do tempo, nin sequera compartimos coa maior parte do resto do mundo o mesmo sistema para nomear os días.

Mesmo no noso calendario usual, os ciclos interrelacionados dos sete días da semana, dos meses e dos anos bisestos producen curiosidades que sorprenden sempre. Por exemplo: ningún ano pode ter menos dun nin máis de tres “martes, 13”.  A cuestión de cando se repite o mesmo almanaque de 2012 ou, mellor aínda; “Por que ata 2021 non volve ser Ano Santo Compostelano?”, malia ser doada de contestar, permítenos atopar, con algo máis de estudo,  patróns no aparentemente arbitrario, estrutura no caos.

O mesmo Gauss, que nos ensinou a “aritmética do reloxo” (álxebra modular, tecnicamente), realizou o cómputo sobre a Pascua e sobre a Pascua hebraica. De feito, o dicionario da Real Academia Española define cómputo eclesiástico como “o conxunto de cálculos necesarios para determinar o día da Pascua de Resurrección e as demais festas movibles”. Este ano, cando cae o Corpus? E cando comeza a Feira de Abril? Son exemplos de preguntas que se resolven cunha migalla de álxebra e que se automatizan cunhas poucas liñas dunha folla de cálculo.

Ademais deses cálculos en que intervén a fase da Lúa, o calendario que usan case mil millóns de musulmáns é un calendario lunar; o calendario xudeu, empregado por todos os xudeus no mundo para determinar as festividades e o calendario oficial do Estado de Israel, resulta un pouco máis complicado; cando che preguntan sobre o aniversario dunha nena etíope, descobres que hai unha correspondencia entre o gregoriano, o etíope e o copto; e esquecemos que máis da cuarta parte da poboación mundial celebra a súa principal festa, o Aninovo Chinés, o primeiro mes lunar (正宇, zhēngyuè, “mes curto”). Mesmo a teoría catastrofista do ano 2012 procede, esoterismos aparte, do descoñecemento de como os maias representaban números grandes de días, contando desde unha data inicial de que hoxe só temos aproximacións.

 

Conferencia 2: ANTONIO CASARES E O ENSINO DA CIENCIA

Ramón Cid Manzano (currículo)

Ao longo do Século XIX e XX, un non pequeno número de persoeiros no campo da literatura, economía, política e a ciencia, que constitúen o que se deu en chamar “a mitoloxía da galeguidade”, contribuíron de forma esencial ao renacemento cultural e a reafirmación da identidade galega.

Entre os científicos desa época compre destacar, sen lugar a dúbidas, a Don Antonio Casares Rodríguez.

Sen a súa presenza, non se pode entender o devenir histórico da Universidade de Santiago de Compostela durante o século XIX, e, doutra banda, este químico monfortino, é unha figura clave da química española dese mesmo século.

No ano 2012 cúmprense douscentos anos do nacemento de Antonio Casares Rodríguez, é xa tempo de que se honre a súa memoria na forma que merece, sendo.esta conferencia un modesto intento nesa dirección,.

Antonio Casares é un dos creadores da análise química en España e pioneiro da espectroscopía española. É unha figura tamén clave na introdución da anestesia en España e un experto en nutrición e en toxicoloxía. É un referente na análise de augas, que desenvolveu entre os anos 1837 e 1866, contribuindo de xeito deicisivo a que a que os balnearios galegos tivesen un notable pulo ao longo do S.XIX. Fixo notables achegas no estudo das vides, no campo da mineroloxía, e mesmo é o iniciador dos estudos meteorolóxicos en Galicia. Establece a Química como verdadeira disciplina cientifica na universidade compostelá, sendo a dimensión investigadora, experimental e docente as súas fundamentais contribucións.

Compre engadir que a súa calidade como mestre está fora de toda dúbida como acreditan os seus alumnos, e doutra parte é autor dun dos libros máis senlleiros do S.XIX para o ensino da Química: o Manual de Química General con aplicación a la industria y con especialidad a la agricultura, con catro edicións ao longo de 23 anos. Ademais, traducíu textos moi importantes en Química do primeiro tercio do século XIX como o Tratado de Farmacia, Teórico y Práctico de E. Soubeiran en 1847, e o Tratado de Química Legal de Gautier de Claubry en 1852.

Foi decisiva a súa contribución para a creación do Gabinete de Historia Natural, xermolo do actual Museo de Historia Natural “Luis Iglesias” e, tamén, para a dotación de gabinetes de física e química, tanto para a universidade como para o ensino secundario. Foi o introductor da experimentalidade no ensino universitario en Santiago, dotando a esta institución dunha infraestrutura a nivel práctico que superaba á maioría do resto do estado.

Nesta conferencia achegarémonos a súa faceta docente, que, aínda que sendo menos coñecida, constituiu unha das súas aportacións máis importantes, nunha universidade acorada nun escolasticismo que afogaba calquera intento cara a modernidade.


Conferencia 3: DE ONDE VIMOS, QUEN SOMOS E COMO MELLOR PODEMOS IR ONDE QUEIRA QUE VAIAMOS AOS OLLOS DUN XENETISTA.

Xulio Manuel Maside Rodríguez (currículo)

Logo da obtención da primeira secuencia dun xenoma humano completo o desenvolvemento das tecnoloxías de secuenciación de alto rendemento supuxeron unha auténtica revolución tecnolóxica que multiplicou exponencialmente a capacidade e polo tanto a ambición científica das análises xenéticas. Nesta charla revisaremos as principais aportacións destes estudos nos eidos da evolución humana e da saúde

 

 

CURRÍCULOS

 

José María Barja Pérez

+ Naceu en 1951 en Mondoñedo (Lugo)

+ Licenciado en Ciencias (sección de Matemática) pola Universidade de Santiago de Compostela 1968/1973. Premio Extraordinario de Licenciatura.

+ Doutor en Matemática pola Facultade de Matemática da Universidade de Santiago en 1978. Sobresaliente “cum laude”.

+ Bolseiro do Plano de Formación de Persoal Investigador, no Departamento de Álxebra e Fundamentos da Facultade de Matemática de Santiago, 1973-1976.

+ Profesor adxunto interino na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Vigo, 1976-1977.

+ Profesor interino no Departamento de Álxebra e Fundamentos da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago, 1977-82.

+ Profesor adxunto de Álxebra da Facultade de Matemática da Universidade de Santiago, 1982-83.

+ Catedrático de Álxebra da Facultade de Matemática de La Laguna, 1983.

+ Catedrático de Álxebra da Facultade de Ciencias de Málaga, 1983-1990.

+ Catedrático de Álxebra da Facultade de Informática da Coruña, desde febreiro de 1991.

+ Director de teses de doutoramento, participa e dirixe proxectos de investigación, publicou traballos de investigación en revistas nacionais e estranxeiras, así como comunicacións en congresos nacionais e estranxeiros da súa especialidade.

+ Director do Departamento de Álxebra da Universidade de Málaga (1983-1985)

+ Vicedecano da Facultade de Ciencias da Universidade de Málaga (1986-1990)

+ Vicerreitor de Organización Académica e Profesorado da Universidade de Málaga (1990-1991)

+ Director do Departamento de Computación da Universidade da Coruña (1994-xullo 1999)

+ Decano da Facultade de Informática da Universidade da Coruña (xullo 1999- xaneiro 2004)

+ Reitor da Universidade da Coruña (xaneiro 2004 – xaneiro 2012)

 


 

Ramón Cid Manzano

DATOS PROFESIONAIS

  • Profesor de Ensino Secundario. Especialidade de Física e Química.

IES de Sar (Santiago de Compostela)

  • Profesor Asociado – Departamento de Didáctica das Ciencias Experimentais.

(Universidade de Santiago de Compostela)

ACTIVIDADES DE CARÁCTER CIENTÍFICO / PROFESIONAL

  • Membro do Grupo de Investigación “Avaliación do Ensino das Ciencias Experimentais en Galicia” AECEGA (2005-2009).(Instituto de Ciencias da Educación - USC).
  • Colaborador no Proxecto Europeo: “Mind the Gap: Learning, Teaching and Policy Inquiry-Based Science Education” (2009-2011) (Facultade de Ciencias da Educación – USC).
  • Colaborador no Proxecto Europeo:  “Innovation in Science Education -Turning Kids on to Science “kidsINNscience”. 7º Programa Marco 2007-2013 – UNIÓN EUROPEA. (Facultade de Ciencias da Educación – USC).
  • Profesor do Máster de Profesorado de Secundaria en Ciencias Experimentais (2009-10, 2010-11 , 2011-12). (Facultade de Ciencias da Educación – USC)
  • Director de 10 Traballos de Fin de Máster (Facultade de Ciencias da Educación – USC)
  • Profesor Colaborador “Campus Científicos de Verano” para alumnos de secundaria (Xullo 2011 e Xullo 2012). Título do Proxecto “Rayos Cósmicos: las partículas más energéticas del universo”  Organizado polo Departamento de Física de Partículas (Facultade de Física – USC)
  • Membro Fundador da asociación “Ensinantes de Ciencias de Galicia” (ENCIGA, 1987-2012), Responsable durante varios anos en distintas áreas de Organización: Secretaría, Revista, Congresos, Coordinador de publicacións monográficas, etc.

COMUNICACIÓNS E PUBLICACIÓNS (TOTAL).

  • 44 contribucións a congresos, xornadas, cursos, etc.
  • 64 publicacións en revistas nacionais e internacionais.
  •  6 publicacións en libros.
  •  6 contribucións en Sitios Web.
  • 15 charlas impartidas en centros educativos de secundaria sobre divulgación científica.
  • Revisor/referee de traballos para Revistas e Congresos sobre Didáctica das Ciencias.

RECOÑECEMENTOS

  • Direccion del Proyecto “L’Homme transformé ou réparé”. 4º Premio CITE DE SCIENCES DE PARIS (PARIS, 2002).
  • Mencion de Honor Modalidad “Materiales Didácticos de Física”. CONCURSO “FÍSICA+MATEMATICA EN ACCIÓN” (GRANADA 2004).
  • Primer Premio Modalidad “Materiales Didácticos de Ciencia en Soporte Interactivo”. CONCURSO “CIENCIA EN ACCIÓN” (VALLADOLID 2008).
  • Accesit II CONCURSO DE DIVULGACION CPAN  (CENTRO NACIONAL DE FISICA DE PARTÍCULAS, ASTROFISICA Y NUCLEAR) BARCELONA 2011.
  • Socio de Honra de ENCIGA.

 


 

Xulio Manuel Maside Rodríguez
Centro de Investigación en Medicina Molecular y Enfermedades Crónicas (CIMUS)
Grupo de Medicina Xenómica
Universidade de Santiago de Compostela

Apontamentos biográficos:

Bacharel do Instituto Xelmírez de Santiago
Licenciado en Bioloxía na USC
Doutor en Bioloxía (Xenética Evolutiva) na Univ. da Coruña: Estudo das bases xenéticas da especiación en Drosophila
Estadías en laboratorios da Centro de Bioloxía Molecular: Severo Ochoa (CSIC-UAM), Universidade de Dusseldorf, Instituto de Zooloxía da Univesidade de Zúrich, Instituto de Bioloxía Evolutiva da Universidade de Edimburgo.
Investigador Ramón y Cajal e Profesor Contratado Doutor na USC.

Intereses científicos:

Comprender a orixe, complexidade e evolución das formas de vida mediante o estudo das forzas evolutivas que determinan estrutura e función dos xenes e os xenomas. En concreto investigamos a evolución do tamaño, composición e estrutura dos xenomas en Drosophila e máis recentemente de protozoos que parasitan persoas e outros organismos (xéneros: *Cryptosporidium, Giardia, Nosema, Aggregata, Dientamoeba*,... ). As nosas ferramentas son a percura e análise poboacional dos padróns de diversidade xenética entre e dentro das especies e o estudo da estrutura dos xenomas completos.

Colaboracións máis salientábeis: Dr. Llovo (Servizo de Microbioloxía do
CHUS) e co Centro Apícola Regional de Castilla-La Mancha.