Presentación do XXXIII Congreso de ENCIGA

A situación sanitaria actual fai que a asociación teña que reinventarse para poder ofrecer o seu tradicional congreso. Por iso estamos a organizar o XXXIII Congreso de ENCIGA en rede.

  • Cando: Sábados 14 e 28 de novembro (9:30-14h e 16-19h)
  • Duración: 15h (Solicitada a homologación de asistencia á Consellería  de Educación)
  • Plataforma: Microsoft Teams ou Cisco Webex (por determinar)
  • Inscrición:(clic aquí para ir ao formulario de inscrición): cota normal 50€ e cota reducida (xubilados, estudantes e  persoas no paro) 25€. Socias e socios de ENCIGA e asimilados (antes do 1/9/2020) : Gratis

A participación, vía telemática, pode ser coa vosa asistencia ou presentando comunicacións ou obradoiros virtuais, nos que compartades as vosas experiencias educativas ou traballos de investigación que consideredes oportunos.

  • Prazo límite  para presentar o resumo da comunicación/obradoiro: 20 de outubro. Entrega a través do correo: congreso33@enciga.org. As pautas para a elaboración do documento aquí.

A través do noso Facebook (ENCIGA) e desta web iremos actualizando  información relativa ao congreso.

Grazas polo voso interese