Presentación do XXXIV Congreso de ENCIGA

Aínda que o desexo de todos e todas nós segue sendo poder volver atoparnos nas condicións nas que o fixemos sempre, compartindo tempo e espazo, unha vez máis a situación sanitaria fai que tamén nesta edición o congreso teña que celebrarse en rede. Unha rede tecida entre todas e todos para que, tamén unha vez máis, podamos intercambiar experiencias, contar e escoitar. Agardámosvos!

CANDO: Sábados 13 e 27 de novembro (aprox. 9:30-14h e 16-19h)

DURACIÓN: 15h (solicitada a homologación á Consellería de Educación)

PLATAFORMA: Microsoft Teams

INICIO INSCRICIÓN (clic aquí para ir ao formulario de inscrición): Luns 6 de setembro

DATA LÍMITE ENVÍO COMUNICACIÓNS: Domingo 17 de outubro

DATA LÍMITE INSCRICIÓN: Domingo 7 Novembro

COTA: normal 50€ e reducida (xubilados, estudantes e persoas no paro) 25€. Socias e socios de ENCIGA e asimilados (antes do 1/9/2021) e profesores en prácticas: Gratis