Ruta 1: As Pontes

Ruta 1: As Pontes

Datos de interese 

Saída: 9:30 horas
Lugar: Aparcamento dos IES As Telleiras e Terra de Trasancos
Regreso: 13:15 horas
Transporte: autobús
Nº DE PRAZAS: 22
Material: roupa axeitada, calzado cómodo, impermeable e cámara de fotos.

Percorrido

Contido da visita

  • Endesa Generación pon a disposición dos participantes no XXIII Congreso de ENCIGA a oportunidade de visitar as instalacións da mina, escombreira e futuro lago de As Pontes.
  • Técnicos da compañía acompañarán ao grupo en todo momento para explicarlles, a nivel biolóxico e xeolóxico, o plan de rehabilitación que Endesa desenvolveu na escombreira, así como no oco mineiro, complexo que en 2012 pasará a disposición pública.
  • A escombreira, de 12 km2, foi recuperada entre 1998 e 2002, sendo exemplo de conservación de flora e rexistrando ata 217 especies de animais que actualmente habitan na súa extensión.
  • O volume de auga que cobre o oco da antiga mina de lignito, que pechou a súa actividade a finais de 2007, supera xa o 80% da capacidade do futuro lago.
  • Durante o percorrido, de aproximadamente dúas horas, os técnicos estarán a disposición dos participantes para contestar calquera pregunta que consideren de interese.