Data límite para envío de resumos: 4 de outubro de 2010
FORMATO DOS TRABALLOS
NORMA UNE 50-104-94
(para publicacións)
No Congreso entregarase Unha Guía do Congreso cos resumes dos relatorios e un CD cos relatorios completos.
Normas para a presentación dos traballos
- Os autores de comunicacións, obradoiros ou exposicións, deberán enviar por correo electrónico (congreso23@enciga.org) :
- Un RESUMO DO RELATORIO para o Libro Guía do Congreso. Presentará e reflectirá o contido do mesmo, cunha extensión máxima de dúas páxinas en A4 e acorde co formato indicado máis abaixo. PUBLICARASE NO LIBRO GUÍA.
- O RELATORIO COMPLETO para o CDROM. Poderanse escribir os relatorios sen número límite de páxinas, fotos, gráficos, presentacións, etc. Publicaranse sen tratamento de ningún tipo, tal e como se reciban. PUBLICARANSE NO CD.
- Un RESUMO DO RELATORIO para o Libro Guía do Congreso. Presentará e reflectirá o contido do mesmo, cunha extensión máxima de dúas páxinas en A4 e acorde co formato indicado máis abaixo. PUBLICARASE NO LIBRO GUÍA.
- Enviaranse os dous arquivos ao enderezo electrónico sinalado, nomeados deste xeito: “Apelidos e Nome do primeiro autor, CC/RE e TÍTULO BREVE” (CC/RE segundo sexa Comunicación Completa ou REsumo).
- Exemplo: “Feliz Pérez José, CC, HISTORIA DOS ÚLTIMOS ANOS”, e “Feliz Pérez José, RE, HISTORIA DOS ÚLTIMOS ANOS”.
- Exemplo: “Feliz Pérez José, CC, HISTORIA DOS ÚLTIMOS ANOS”, e “Feliz Pérez José, RE, HISTORIA DOS ÚLTIMOS ANOS”.
- Pódese engadir un breve Abstract en inglés ó principio.
- Dos CARTEIS enviarase unha foto nun arquivo gráfico.
Formato dos arquivos
- Tanto o resumo como o relatorio completo terán o TÍTULO, os AUTORES e o CENTRO DE TRABALLO destacados na cabeceira.
- Formato: DIN A4, procesador de textos Word, todas as marxes de 2,5 cm, tipo de letra Times New Roman (12 pt); se se usa algún outro tipo de letra debe ser incustado ou enviar este tipo de letra aparte. As ilustracións en formato JPG (incrustadas no mesmo arquivo de word, con calidade suficiente para imprenta, mínimo 200 puntos).
- Seguirán as Normas UNE 50-103-90 (Preparación de resumos) e UNE 50-104-94 (Referencias bibliográficas).