Conferencias

Conferencia Antonio Casares

Charla-coloquio na Facultade de Ciencias do Campus de Lugo o xoves 24 de maio dentro do ciclo "Na Encrucillada" (http://naencrucillada.blogspot.com):

Conferencia: "Antonio Casares: Leccións dun científico lucense para saír da crise actual"
Por Manuel R. Bermejo Patiño, Catedrático de Química Inorgánica da USC
Data e hora: Xoves 24 de maio ás 19:00 h
Lugar: Salón de Actos da Facultade de Ciencias, Campus de Lugo

Conferencia de Manuel Bermejo

A Agrupación Cultural O Facho de A Coruña, dentro dos seus ciclos de palestras públicas do período 2011-12, organiza unha conferencia do Catedrático de Química Inorgánica da Universidade de Santiago de Compostela, Manuel Bermejo Patiño, que falará dentro do ciclo "Língua, Literatura e Naçom", coa exposición titulada "Casares: A consolidación da experimentalidade en Galicia".

Conferencia de Sheldon Lee Glashow

Programa CONCIENCIA

Conferencia: «Unha breve historia da física de partículas»
Sheldon Lee Glashow
Premio Nobel de Física 1979

Martes 13 de decembro, ás 20:00 horas, no Auditorio de Novagalicia Banco, (Preguntoiro, 23  - Santiago de Compostela)

 Sheldon Lee Glashow, Nobel de Física no ano 1979, é un dos grandes científicos da historia da física pola unificación do electromagnetismo coa forza débil e na actualidade é un gran escéptico da Teoría das supercordas.

Páxinas

Subscribe to RSS - Conferencias