Cursos-Xornadas-Congresos

Segundo Campus de Verán Científico Técnico de Lugo

Segunda edición dun programa organizado e promovido polo profesorado no Campus de Lugo da USC e a través do que se  pretende achegar a realidade universitaria e as investigacións desenvolvidas nos laboratorios a estudantes de ensino de secundaria e bacharelato a través dun ameno programa de aprendizaxe e convivencia. No arquivo adxunto tedes unha descrición máis detallada do programa.

III Congreso de Profesores de Ciencias

O Colegio Profesional de la Educación, Universidad Complutense de Madrid, a editorial Santillana e o grupo de investigación "EPINUT" da dita universidade organizan o III Congreso de Profesores de Ciencias do 26 ao 29 marzo de 2014 en Madrid na Facultade de Ciencias Biológicas da Universidad Complutense. (O I Congreso e II Congreso realizáronse en 2010 e 2012, respectivamente)

Curso de verán: Innovación e prácticas científicas na aula de ciencias

O Departamento de Didáctica das Ciencias Experimentais da USC organiza o curso de verán "Innovación e prácticas científicas na aula de ciencias" do 16 ao 19 de Xullo.
O curso está dirixido a todo o profesorado de ciencias de secundaria. O programa inclúe obradoiros, comunicacións e charlas sobre prácticas científicas na aula e no laboratorio.

Máis información: http://www.usc.es/cultura/uverano13cursos.htm

Curso presencial sobre aplicacións tradicionais e innovadoras da enerxía solar

Dende o 8 de marzo ao 20 de abril vaise celebrar en Santiago de Compostela, no CAFI (Lamas de Abade) o curso presencial de 30 horas S1201077_ Aplicacións tradicionais e innovadoras da enerxía solar . O programa do curso podedes consultalo no documento adxunto.
O prazo de inscrición está aberto ata o 20 de febreiro en www.edu.xunta.es/fprofe

 

Semana da Ciencia na ETS Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo

Do 12 ao 16 de Novembro do 2012 celebrarase na ETS Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo a SEMANA DA CIENCIA. As actividades están dirixidas fundamentalmente a estudantes de ensino medio e bacharelato, cuns contidos relacionados de forma directa coas súas instalacións e a súa investigación (asociada en esencia coa enerxía, os novos materiais e o medio ambiente).

Páxinas

Subscribe to RSS - Cursos-Xornadas-Congresos