Outras Novas

Documental "40 años viendo átomos"

O documental “40 años viendo átomos” realizado por un grupo de investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), con motivo do 40º aniversario da invención do microscopio de efecto túnel (STM), instrumento clave para a chegada da nanotecnoloxía. Esta producción ademais fai unha homenaxe a dous profesores da Universidade Autónoma de Madrid, falecidos durante o ano 2020, pioneiros desta técnica en España.

O documental está dispoñible no canal CSIC Divulga en Youtube: https://www.youtube.com/watch?v=pJ0MtKqTOco

Relatorios divulgativos de Física Re-Creativa

O grupo de Innovación Docente da Universidade de Vigo (Aprendizaxe manipulativo da Física: GID1) ofrece para Abril e Maio relatorios divulgativos (virtuais ou presenciais) de Física Re-Creativa de balde para os centros de secundaria de Galicia. O obxectivo é presentar unha experiencia lúdica de aprendizaxe experimental de conceptos relacionados con contidos que se explican tanto en 2º de Bacharelato como nos primeiros cursos dos Graos de Enxeñaría (luz e cor; interferometría; óptica xeométrica;…), poden ser de utilidade tamén en 4º da ESO e 1º de Bacharelato.

webminar para captar centros escolares

O profesor da USC Francisco Soñora impartirá un  webminar para centros escolares con interese en sumarse como centros piloto no marco dos proxectos de investigación Erasmus+ KA226 e KA227 nos que o gripo da Facultade de Ciencias da Educación SEPA-interea é socio. Esta iniciativa está dirixida a docentes de toda España, asociacións de profesores, así como á rede de centros do proxecto Climántica en América Latina, Europa e África. “O obxectivo é tecer a rede de centros piloto dos dous proxectos que quedaron coa máxima valoración nas dúas convocatorias extraordinarias de innovación convocadas no encadre Erasmus+”, explica o profesor Soñora.

A sesión desenvolverase o luns 15 de marzo, a partir das 19.00 horas.

PRESENTACIÓN DA GUÍA DOS ELEMENTOS QUÍMICOS

O pasado luns 22 de xaneiro a Real Academia Galega presentou en A Coruña a nova “Guía dos elementos químicos”, un libro que explica a orixe dos nomes dos elementos e afonda na súa historia e no seu coñecemento. Na presentación estiveron os seu autores, Manuel Bermejo, Marcelino Maneiro e Ana González, profesores de Química Inorgánica e membros de ENCIGA. O libro, que será sen dúbida unha obra de referencia para o profesorado de Química, Bioloxía ou Farmacia, xa fora presentado no XXXI Congreso de ENCIGA.

Páxinas

Subscribe to RSS - Outras Novas