INSTITUTO Nº 1 DE VERÍN

O IES Nº 1 de Verín está situado preto dos demais centros educativos de Verín, na carretera a Portugal. Os aproximadamente 30 profesores que compoñen o claustro imparten clase a uns 250 alumnos que proveñen do medio rural próximo.

Foi inaugurado no ano 1999 e nel impártese exclusivamente a ensinanza secundaria obrigatoria (ESO). O centro conta con comedor escolar que se utiliza os días que hai clases pola mañá e pola tarde, que son os luns e o martes; os demais días só hai clases pola mañá.

O equipo directivo actual está formado por:

Directora: Mª Carmen Fernández Castro
Xefe de estudios: Xosé Manuel Costas Castro
Secretaria: Rosa de la Parra Martínez

O centro participa no proxecto "Aposta". Trátase dunha campaña de educación ambiental a nivel europeo que versa sobre o cambio climático tratando de demostrar que os mozos e mozas son capaces de reducir as emisións de CO2 á atmósfera. Os participantes revisan os consumos que se producen nos seus centros de estudio, incluso nos seus fogares, co obxectivo final de reducilos. O IES Nº de Verín gañou a "Aposta" no curso 2000-2001 a nivel nacional.

Fotos de IES Nº 1 de Verín

 
 
Interior 1
Interior 2
Interior 3
 
 
   
Instituto e Castelo
Fachada 1
Fachada 2
 
   
   
Fachada 3
Fachada posterior
Mª Carmen Fernández Cortés (Directora) e Xosé Manuel Costas Castro (Xefe de estudos) do Instituto

 


Copyright © 2001, ENCIGA