|
|
|
|
O
Concello de Cangas de Morrazo está situado no extremo sudoeste da Península
do mesmo nome, en pleno corazón das Rías Baixas galegas, entre
as rías de Vigo e Pontevedra y franqueada polas Illas Cíes e Ons.
Cangas goza dun clima excepcional de tipo oceánico, húmedo, con invernos moi suaves e veráns secos e cálidos. Testimonio delo é a temperatura media anual que alcanza os 16° C; sendo a temperatura media en xaneiro entre 10 e 12° C, e nos meses de verán entre 20 e 22°C.
Con 38,1 km2, ten aproximadamente 24.000 habitantes e a súa capital é Cangas. Ten 54 entidades de poboación e 5 parroquias: Aldan, Cangas, Coiro, Darbo e Hío. Dista 28 km de Pontevedra.
En coche particular:
En autocar:
En ferrocarril:
En barco:
En avión:
O
nome de Cangas aparece por primeira vez na Historia nun documento de 1160, no
que o mesmo rei Fernando II dona a herdade de Cangas, situada a beira do mar,
a un tal Varela, presumiblemente un cabaleiro. Empeza a ser citada como vila
a partires do século XVI, cando se levanta a igrexa que pasaría
a ser Coleciata en 1545. Neste momento constrúense outros importantes
edificios como o Hospital, e configúrase xa como cabeza de Xurisdicción
do Morrazo. A segunda metade do século XVI é a época de
máximo esplendor baseado na exportación de peixe a Portugal. Esta
próspera economía entra en crise trala invasión un 7 de
decembro de 1617 de piratas berberiscos. Pouco despois, entre 1619 e 1628, numerosas
mulleres de Cangas foron xuzgadas polo Tribunal do Santo Oficio (Inquisición)
por suposta "bruxeria". Este foi o caso da máis famosa das
supostas "meigas" de Cangas', ou polo menos a que máis trascendeu
de seu tempo, Maria Soliña.
En 1702, as nosas costas foron escenario dun dos máis cruentos combates
navais, que recorda a Historia de Europa, a Batalla de Rande. Os veciños
viron como unha escuadra anglo-holandesa adentrábase na ría, perseguindo
a unha flota franco-española procedente de América co máis
valioso cargamento que xamais cruzou o Atlántico. Despois de 1750 a actividade
industrial de salazón pasa a mans dos fomentadores cataláns que
se instalan en Bueu e teñen fábricas en Aldán e Hío.
A comenzos do século XX, as salazóns comenzan a deixar paso ás
fábricas de conserva que levarán o protagonismo da actividade
industrial.
Hoxe a vila é un centro urbán que depende no económico
da área de Vigo; aínda que o sector servicios é a actividade
principal, segue tendo importancia o sector pesqueiro.
A
Ex-Colexiata de Cangas é sen dúbida, xunto co Cruceiro de Hío,
a gran xoia artística do municipio, unha xoia que se fue forxando durante
os últimos 500 años de Historia, na que cada época foi
engadindo a súa propia aportación e estilo, se ben a maior parte
da construcción data do século XVI.
A nova edificación foi elevada ó rango de Colexiata polo Papa
Paulo III en 1545, aínda que se cree que o primitivo templo se remonta
alomenos un século máis atrás. A fachada, sen embargo,
non se levantou ata 1585, sendo proxectada por Jácome Férnandez,
e constitue unha das mellores mostras da arte renacentista en Galicia. Tamén
poderemos admirar a torre, do século XVIII, distribuída en dous
corpos con sendas balaustradas. Unha vez que penetramos no interior, sorprenderanos
a bóveda de crucería que corona as tres naves, se ben ésta
é relativamente recente, pois foio construída entre 1901 e 1921.
Pronto a Capilla Mayor atraerá a nosa atención gracias ó
seu espectacular retablo barroco construído en 1744, que destaca entre
as súas imáxes un Santiago ecuestre e outro peregrino, patrón
titular da igrexa, ademais do Cristo de Minerva, preciosa talla barroca en miniatura
que data do século XVIII.
Dispón a Ex-Colexiata de outras seis capelas, nas que poderemos contemplar
tallas de enorme valor artístico, sendo a máis afamada o "Cristo
que non quiso arder", que segundo o dicir popular, sobreviviu milagrosamente
en 1617 ó incendio da Colexiata por parte dos piratas turcos. Pero sen
lugar a dúbidas, ningunha goza de tanta devoción e admiración
como o Stmo. Cristo do Consuelo, sublime xoia artística e excelente mostra
do naturalismo barroco español, esculpido por Juan Pintos en 1796.
Poucas
poblacións de tan reducido tamaño posúen unha ría
propia, protexida por Cabo Udra e Punta Couso. Aldán, é unha vila
mariñeira, onde o viaxeiro poderá contemplar as vivendas deste
antigo burgo de pescadores, mesturadas con centenarios hórreos que nos
mostra a pervivencia dunha arquitectura popular que soubo resistir o paso dos
séculos. Especial atención merece o paseo marítimo que
conduce ata o porto bordeando a plaia.
O
núcleo da parroquia sorpréndenos coa portada da Igrexa Parroquial
de San Cibrao, de trazas neoclásicas, e a torre almenada, que se levanta
tralos muros que delimitan o atrio parroquial. Unha corta rúa levaranos
ata a fachada do pazo, morada da noble linaxe dos Aldao, que señoreó
estas terras dende a lonxana Idade Media. A esta mesma época corresponde
a ponte ubicada enfronte da mansión, sobre o río Orxas. Este curso
fluvial acolle, muíños e rincóns poblados de vexetación,
o que pode servir como excusa para un paseo.
A igrexa de San Cibrao de Aldán constitúe o mellor exemplo de
arte neoclásico do municipio, e anque o primitivo templo remóntase,
como mínimo, ó século XVI, o actual foi edificado de nova
planta en 1866. A fachada conta cunha hornacina que alberga a imaxe de San Cibrao
e unha altiva torre de dous pisos con balaustrada de pedra en cada piso. No
atrio parroquial podemos admirar un fermoso mausoleo decimonónico, ademais
do arranque da impresionante muralla que delimita os antigos dominios dos condes
de Aldán.
A igrexa rodéase de casas de alegres balconadas que funden as súas
raíces na máis xenuína tradición mariñeira,
e no seu entorno inmediato podemos descubrir outros monumentos de excepcional
relevo, como a Torre de Aldán, o pazo de Vistalegre, a ponte medieval
sobre o río Orxas ou o sarcófago medieval de A Laxe
Coiro
é, fundamentalmente, unha parroquia de interior, e o seu principal atractivo
son as súas paraxes como a "Carballeira de Coiro", un dos Espacios
Naturais Protexidos co que conta o municipio. Trátase dun bosque típicamente
Atlántico con especies como o carballo, o ameneiro ou o bidueiro, entre
outras. O río Bouzós, que atravesa gran parte destes términos,
esconde numerosos muiños, entre eles o de "Fausto", restaurado
recentemente para que o viaxeiro poda comprobar cómo funcionaban estes
curiosos inxenios. Coiro é ademáis terra de pazos, pertencentes
a importantes linaxes fidalgos; paga a pena detenerse a contemplar os de A Retirosa
e O Xistro. Son asimesmo numerosos os edificios blasonados, como o de O Cruceiro,
que aínda ostenta o escudo da Inquisición. Tamén a Casa
Rectoral mostra dúas boas labras heráldicas, representando unha
delas á poderosa familia dos Mondragón, marqueses de Santa Cruz
de Rivadulla. Pero ademais, desde o privilexiado lugar que constitúe
o atrio parroquial, divísanse unhas preciosas vistas de todo o val e
a ría de Vigo.
Pero o máis impresionante é a Igrexa de San Salvador, que posúe unha espléndida fachada do século XVIII realizada polos irmáns Novas, onde destaca poderosamente unha rutilante torre cunha rica ornamentación barroca, inspirada no estilo compostelán. O primeiro que chama a atención é a súa magnificiencia e o seu tamaño, cecais esaxerado en comparación co resto da igrexa, pero que ten a súa explicación no patronazgo que sobre ela exerceron os marqueses de Santa Cruz de Rivadulla.
Darbo,
ó igual que as restantes parroquias do municipio, posúe un litoral
privilexiado, pero é moito máis que area e plaia. No Monte de
San Roque atoparémonos cunha pequena capela. Alí disfrutaremos
dunha panorámica de toda a vila e gran parte da ría de Vigo. Os
amantes do senderismo encontrarán no "Balcón do Rei"
un entorno espléndido para desenvolver a súa práctica deportiva
favorita.
A parroquia é rica en distintas mostras de arte popular, como son os
cruceiros e os "petos de ánimas". Son tamén numerosos
as capelas e os pequenos santuarios de gran antiguedade, como os de San Pedro
e San Blas, pero non cabe dúbida de que a xoia arquitectónica
de Darbo é a Igrexa Parroquial de Santa María. Construída
no século XVIII, destaca pola súa decoración e os súas
harmónicas proporcións, que deron como resultado un dos mellores
exemplos do barroco rural galego. Un cruceiro centenario custodia a entrada
da igrexa, trala quel encontraremos unha preciosa fonte barroca
O"Cruceiro
de Hío" constitúe unha das creacións máis exquisitas
que poidan haber saído da man do home. Pero é preciso contemplar
con detenemento as súas numerosas tallas, os múltiples rostros
que o animan e lle dan vida, para compoñer a Historia da salvación
da humanidade.
Comenzando por abaixo, observamos as catro escenas da basa: Adán e Eva
consuman o "pecado orixinal", mentras que a Virxe do Carme auxiliando
ás ánimas do purgatorio, e Cristo no limbo dos xustos, conforman
a cara oposta da esperanza de redención. Xa no fuste, Eva e Adán
laméntanse avergoñados trala expulsión do paraíso,
pero pronto veremos a imaxe de María, a gran intercesora dos homes, pisando
a cabeza ó dragón (ó maligno) derrotado a súa vez
polos anxos. A escenificación do desenclavo de Cristo, enormemente emotiva,
representa o triunfo final de Dios sobre o pecado. Tras observar ben esta marabilla,
tallada na súa maior parte dun só bloque de granito, chegamos
ó convencemento de que o mestro Cerviño estaba posuído
pola xenialidade: só así enténdese que en 1872 crease unha
obra que trascende o temporal, para alcanzar as máis altas cotas de expresividade
artística.
Días 11 de cada mes, venres e domingos
|
|
Copyright © 2001, ENCIGA |