XVII CONGRESO DE ENCIGA
NORMA UNE 50-104-94
(para publicacións)
Normas para a presentación dos traballos
(¡ATENCIÓN: CAMBIO DE NORMAS ESTE ANO!)
Os autores de comunicacións, obradoiros ou exposicións, deberán enviar por correo ó centro organizador:
-
Un RESUMO DO RELATORIO que reflicta o contido do mesmo, cunha extensión máxima de dúas páxinas en A4.
-
O RELATORIO COMPLETO. Poderanse escribir os relatorios sen número límite de páxinas, fotos, presentacións de ordenador, etc, dado que irán nun CD.
- Enviaranse os dous arquivos (resume e relatorio completo) nun CD, e tamén impresos (orixinal e unha copia de cada un deles).
- Enviaranse tamén ó enderezo electrónico congreso@enciga.org unha copia de cada un dos arquivos.
- Para os que presenten CARTEIS, as normas serán as mesmas, e incluirase unha foto do cartel en formato informático.
Instruccións para facilitar a edición
- Tanto o resumo como o relatorio completo terán o título, os autores e o centro de traballo destacados na cabeceira.
- Os CD´s tamén irán etiquetados.
- Serán dunha impresión de calidade, por se fose necesario escanear o traballo.
- Formato: DIN A4, procesador de textos Word, todos as marxes de 2,5 cm, tipo de letra Times New Roman de 12 puntos e ilustracións en formato TIFF para fotografía e EPS para gráficos.
- No caso de incluír gráficos, deberán gravarse nun directorio diferente ó do texto.
- Seguirán as Normas UNE 50-103-90 (Preparación de resumos) e UNE 50-104-94 (Referencias bibliográficas).