|
|
|
|
Cómo chegar e Contorno do IES Nº 1
web do IES Nº 1 de Ribeira: http://www.iesribeira.com/ |
O IES nº 1 de RIBEIRA foi fundado no curso 1968-69 como sección delegada do naquel entonces chamado Instituto Nacional de Bachillerato “Arzobispo Gelmirez” de Santiago de Compostela. Contaba só cun centenar de alumnos e once profesores.
O centro educativo ubicouse na beiramar da praia de Coroso, a 2 km do centro urbano, considerándose naquel momento como moi afastado da cidade.
Ó cabo de catro anos pasa a ter funcionamento independente coa denominación de “Instituto de Bachillerato de Ribeira”, cubrindo as necesidades educativas de toda a poboación de Barbanza-Sur, ó seren o único centro de bacharelato dunha bisbarra cun importante dinamismo, tanto económico como demográfico. Na metade da década dos oitenta chega a ter 950 alumnos, convertíndose nun dos centros de Galicia que máis alumnado enviaba á Universidade.
A causa deste crecemento o centro experimentou sucesivas obras de ampliación con resultados un tanto contradictorios, pois se ben se melloraron considerablemente instalacións e infraestructuras, a parte vella do edificio -que acolle as dependencias administrativas, laboratorios de Ciencias e Química, baños, cafetería, numerosas aulas e o salón de usos múltiples- atópase bastante deteriorada tanto no aspecto estético como funcional. De feito, a única obra realizada nesta parte foi retocar a antiga capela para convertila no salón de usos múltiples.
Dende 1996 o Instituto pasou a ser o IES nº1 de RIBEIRA, impartindo as ensinanzas de ESO e Bacharelato, ramas de Humanidades e Ciencias, ambas en modalidade de diurno e adultos. Conta na actualidade con 900 alumnos/as e 64 profesores, destacando a elevada proporción de alumnado de adultos (aproximadamente un tercio do total) ó seren o centro de referencia da zona para este tipo de ensinanzas. Tamén se imparte “That’s English”, programas de alfabetización e cursos da Escola Oficial de Idiomas.
O IES nº 1 de Ribeira organiza numerosas actividades complementarias e extraescolares e asimesmo participa en proxectos educativos permanentes de diversa índole, dos que destacamos:
Este curso o noso centro foi galardonado con catro premios educativos. Son:
|
|
Copyright © 2001, ENCIGA |