|
|
|
|
XVIII CONGRESO DE ENCIGA17, 18 e 19 de novembro de 2005
|
“O meu oficio é pensar, e eso podo facelo en calquera parte”
Cita atribuída a A.Einstein, restando importancia a que un amigo chegara tarde a unha cita na rúa.
Por que 2005 é o ano mundial da física? Están os teus alumnos e alumnas motivados? Notas que rende o teu ensino? Aproveitas as novas tecnoloxías? Vivimos nun mundo cambiante, onde a ciencia, necesaria non só para avanzar, senón tamén para vivir como o facemos, está caendo na consideración social como algo non necesario.
Ribadeo 2005, o Congreso de Enciga que terá lugar entre o 17 e o 19 de novembro, debe axudarnos a todos, profesores de Ciencias, Matemáticas, Tecnoloxía, Química, Física... a que melloremos a nosa percepción do que estamos a facer e busquemos conxuntamente para traballar máis a gusto e con máis rendemento na formación das persoas ó noso cargo, pero tamén dun xeito que integre o noso traballo na visión do futuro dos nosos alumnos.
Considera vir a Ribadeo. A escoitar, a participar, tamén a que te escoiten. Nun congreso hai momentos nos que a participación non se basa nas charlas ou conferencias ás que se atende ou que se imparten, nin nas exposicións ou visitas que se fan, senón na relación con outros compañeiros e compañeiras cos que se prolongan os comentarios sobre este ou aquel tema, se discuten estratexias ou métodos, ou sinxelamente se traba coñecemento.
En consecuencia, os froitos son non só individuais senón comunitarios, socializando as solucións despois de compartir os problemas.
Por último, lembrar un detalle: quedan nove meses ata o Congreso. Estamos pois na fase de xestación, a necesaria para facerse a idea e preparar o sitio para o neonato mentras o corpo traballa de xeito autónomo. Para o conxunto do desenvolvemento, contamos con todos, xa contamos contigo.
Antonio e Teresa
No congreso desenvolveranse as seguintes actividades:
Os temas que suxerimos para a presentación de traballos, sen carácter excluínte, son:
Se asistiches a algún dos congresos de Enciga e tes algunha foto relativa ó congreso, agora podes subir a túa foto ó álbum do congreso correspondente.
XX Congreso de ENCIGA. 22, 23 e 24 de novembro de 2007
I.E.S. Porta da Auga de Ribadeo (Lugo)
XIX Congreso de ENCIGA. 23, 24 e 25 de novembro de 2006
I.E.S. Porta da Auga de Ribadeo (Lugo)
XVIII Congreso de ENCIGA. 17, 18 e 19 de novembro de 2005
I.E.S. Porta da Auga de Ribadeo (Lugo)
XVII Congreso de ENCIGA. 18, 19 e 20 de novembro de 2004
I.E.S. Nº1 de Ribeira (Coruña)
XVI Congreso de ENCIGA. 20, 21 e 22 de novembro de 2003
I.E.S. de Rodeira de Cangas (Pontevedra)
XV Congreso de ENCIGA. 21, 22 e 23 de novembro de 2002
I.E.S. Nº 1 de Verín (Ourense)
XIV Congreso de ENCIGA. 22, 23 e 24 de novembro de 2001
I.E.S. Lama das Quendas. Chantada (Lugo)
XIII Congreso de ENCIGA. 23, 24 e 25 de novembro de 2000
I.E.S. Campo de San Alberto. Noia (Coruña)
XII Congreso de ENCIGA. 25, 26 e 27 de novembro de 1999
I.E.S. Auga da Laxe. Gondomar (Pontevedra)
XI Congreso de ENCIGA. 26, 27 e 28 de novembro de 1998
I. B. Martaguisela. O Barco de Valdeorras (Ourense)
X Congreso de ENCIGA. 20, 21 e 22 de novembro de 1997
I. B. Rosalía de Castro. Santiago de Compostela (Coruña)
IX Congreso de ENCIGA. 21, 22 e 23 de novembro de 1996
Cee (Coruña)
VIII Congreso de ENCIGA. 23, 24 e 25 de novembro de 1995
Pontevedra
VII Congreso de ENCIGA. 17, 18, 19 de novembro de 1994
Lugo
VI Congreso de ENCIGA. 18, 19 e 20 de novembro de 1993
I. B. Ramón Otero Pedrayo. Ourense
V Congreso de ENCIGA. 5, 6 e 7 de novembro de 1992
Carballo (Coruña)
IV Congreso de ENCIGA. 7, 8 e 9 de novembro de 1991
Tuy (Pontevedra)
III Congreso de ENCIGA. 8, 9 e 10 de novembro de 1990
Monforte (Lugo)
II Congreso de ENCIGA. 12, 13 e 14 de outubro de 1989
Ribadavia (Ourense)
|
|
Copyright © 2001, ENCIGA |