Álbum de fotos dos congresos

Se asistiches a algún dos congresos de Enciga e tes algunha foto relativa ó congreso, agora podes subir a túa foto ó álbum do congreso correspondente.

Instruccións para engadir fotos a un álbum de fotos dun congreso

Hai un álbum para cada congreso. O Álbum de Fotos de Enciga contén todos os álbums. Para engadir unha foto abre o álbum do Congreso correspondente e segue os pasos seguintes:

  1. Prepara as fotos que queiras subir. Deben estar, preferiblemente, en formato jpg (tamén poden estar en formato gif). O tamaño da foto non debe superar os 50 Kb. (procura que a foto xa comprimida en formato jpg o gif se vexa ben a un tamaño de 640 x 480 píxeles)
  2. fai click en "add photos" (parte superior dereita da pantalla)
  3. Na ventá que aparece escolle o número de arquivos que queres subir simultaneamente dende o teu ordenador
  4. A continuación escribe nos campos correspondentes a traxectoria dos arquivos ou, mellor, fai clic en examinar para buscar a traxectoria dunha maneira máis fácil polo teu disco duro.
  5. Fai clic en "upload now" e espera a que termine de subir os arquivos.
 

Copyright © 2001, ENCIGA