XVI CONGRESO DE ENCIGA

20, 21 e 22 de novembro de 2003

IES de RODEIRA
Avda. de Ourense s/n – 36940
Cangas (Pontevedra)
Tf = fax: 968303933

mail: congreso@enciga.org
web: http://www.iesrodeira.com

Coordinadores:
Gemma Caramés Millán
Xesus Fontaiña Perez


Para ver como chegar, onde dormir, onde comer ou os lugares de interese consulta a guía turística

Patrocinadores:

Prazos

    A data límite de inscripcións será o 15 de novembro de 2003 e a data límite de recepción de resumes será o 15 de outubro de 2003

Presentación

¿E por que en Cangas?

¿E por que non?

Cangas é unha vila mariñeira situada na parte norte do dedo miñique da man dereita de Deus, no sur do Morrazo e a carón das Illas dos deuses.

Lugar privilexiado onde a cotio recollemos nas praias e nas rochas, ademais de chapapote, uns extraños “bichos peludos de dez patas” que adoitamos comer mollados co bo “alvariño” da zona. Tamén collemos, e comemos, bivalvos, polbos, luras e peixes variados.

Temos unhas marabillosas praias onde os podedes bañar, se queredes, en pleno mes de novembro. Ao que lle pareza moi arriscado o baño no Atlántico en pleno outono, sempre pode recurrir á cana e o anzó, e ¡ a ver se hai sorte!.

Ademais de charlar, comer, beber, pasear..., cos vellos amigos a amigas, imos aproveitar para comentar, comunicar, difundir, debatir, aprender e mesmo cotillear sobre as experiencias pedagóxicas máis salientábeis do último curso.

Todo esto ven a conto, se aínda non vos decatastes, de que o “XVI CONGRESO DE ENCIGA” ímolo celebrar en Cangas, no IES de Rodeira, nos dias 20, 21 e 22 de novembro.

Esperamos vervos, mirarvos, falarvos, e poder saudarvos persoalmente esos días no noso centro.

Tamén precisamos que nos enviedes ponencias e comunicacións, carteis e todo o material que estimedes oportuno. O máis rápido é o correo electrónico.

Mentras tanto agardamos por vós, recibide unha cordial aperta dos organizadores e das organizadoras.

Cangas, 28 de abril de 2003

Gemma Caramés e Xesus Fontaiña

CONTIDOS

Actividades

No congreso desenvolveranse as seguintes actividades:

Temas

Os temas que suxerimos para a presentación de traballos, sen carácter excluínte, son:

Álbum de fotos dos congresos

Se asistiches a algún dos congresos de Enciga e tes algunha foto relativa ó congreso, agora podes subir a túa foto ó álbum do congreso correspondente.

Congresos Anteriores

Copyright © 2001, ENCIGA