XVIII CONGRESO DE ENCIGA

17, 18 e 19 de novembro de 2005

IES Porta da Auga
Avda Luarca, s/n
27700 RIBADEO
(Lugo)

Tfno: 982 12 88 94
Fax:: 982 13 09 55

mail: congreso18@enciga.org

Coordinadores:
Antonio Gregorio Montes
Teresa Díaz Estévez

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CARTA DE PRESENTACIÓN

“O meu oficio é pensar, e eso podo facelo en calquera parte”
Cita atribuída a A.Einstein, restando importancia a que un amigo chegara tarde a unha cita na rúa.

Por que 2005 é o ano mundial da física? Están os teus alumnos e alumnas motivados? Notas que rende o teu ensino? Aproveitas as novas tecnoloxías? Vivimos nun mundo cambiante, onde a ciencia, necesaria non só para avanzar, senón tamén para vivir como o facemos, está caendo na consideración social como algo non necesario.

Ribadeo 2005, o Congreso de Enciga que terá lugar entre o 17 e o 19 de novembro, debe axudarnos a todos, profesores de Ciencias, Matemáticas, Tecnoloxía, Química, Física... a que melloremos a nosa percepción do que estamos a facer e busquemos conxuntamente para traballar máis a gusto e con máis rendemento na formación das persoas ó noso cargo, pero tamén dun xeito que integre o noso traballo na visión do futuro dos nosos alumnos.

Considera vir a Ribadeo. A escoitar, a participar, tamén a que te escoiten. Nun congreso hai momentos nos que a participación non se basa nas charlas ou conferencias ás que se atende ou que se imparten, nin nas exposicións ou visitas que se fan, senón na relación con outros compañeiros e compañeiras cos que se prolongan os comentarios sobre este ou aquel tema, se discuten estratexias ou métodos, ou sinxelamente se traba coñecemento.

En consecuencia, os froitos son non só individuais senón comunitarios, socializando as solucións despois de compartir os problemas.
Por último, lembrar un detalle: quedan nove meses ata o Congreso. Estamos pois na fase de xestación, a necesaria para facerse a idea e preparar o sitio para o neonato mentras o corpo traballa de xeito autónomo. Para o conxunto do desenvolvemento, contamos con todos, xa contamos contigo.

Antonio e Teresa

CONTIDOS

Actividades

No congreso desenvolveranse as seguintes actividades:

Temas

Os temas que suxerimos para a presentación de traballos, sen carácter excluínte, son:


Álbum de fotos dos congresos

Se asistiches a algún dos congresos de Enciga e tes algunha foto relativa ó congreso, agora podes subir a túa foto ó álbum do congreso correspondente.

Congresos Anteriores

Copyright © 2001, ENCIGA