Novas Enciga

Estatística para Investigadores con R

A Universidade de Vigo organiza un curso de formación, Estatística para Investigadores con “R”, que terá lugar do 1 o 30 de novembro de 2011. Está recoñecido pola Consellería de Educación ( http://www.edu.xunta.es/web/node/2868) como actividade de formación permanente a efectos de acreditación de profesorado, e trátase dun curso virtual, totalmente non presencial, polo que pode ser seguido sen problema algún de incompatibilidade con outras tarefas e en calquera horario, mesmo desde casa.

‘R’ é un programa estatístico de libre acceso, gratuito, actualmente o máis potente dos programas estatísticos de uso xeral.

A preinscripción xa está aberta, do 1 o 20 de outubro, e o criterio de admisión e a orde cronolóxica de solicitude. O precio está subvencionado (100 euros). Máis información na web da Universidade de Vigo: https://bubela.uvigo.es/curso/1390