Congresos Enciga

Presentación do XXX Congreso de ENCIGA

Lugar de celebración

  • IES Allariz

Datas

  • 16, 17 e 18 de novembro de 2017

Comité organizador do XXIX Congreso de ENCIGA:

Coordinadoras: 

  • Rosa Méndez Campos
  • María del Pilar Mera Cid

Correo web para o Congreso: congreso30@enciga.org

  • Data límite para a inscrición: 10 de novembro
  • Data límite para envío de resumos: 20 de outubro
  • Data límite para envío de ponencias completas: 27 de outubro

Inscrición aquí. Máis información no menú da esquerda: XXX Congreso (2017)


 

 

Carta de presentación

A educación é a arma máis poderosa que se pode usar para cambiar o mundo
(NELSON MANDELA)

Estimados compañeiros e compañeiras:

Os días 16,17 e 18 de novembro no IES de Allariz, ENCIGA vai celebrar o seu XXX congreso.

Este evento é un foro excelente de discusións, difusión e intercambio de ideas que nos van servir para mellora-la calidade no ensino na área de ciencias. Os que colaboramos na súa organización queremos que sexa un éxito e estamos traballando para conseguilo.

Somos conscientes que sen as vosas contribucións o congreso estaría orfo. É por iso que vos pregamos que enviedes as vosas comunicacións, obradoiros, carteis ou calquera suxestión ao seguinte enderezo de correo electrónico congreso30@enciga.org.

Non ides arrepentirvos de participar neste evento. Ademais dos coñecementos e experiencias aportadas polos nosos compañeiros e conferenciantes, poderedes disfrutar dunha das vilas máis fermosas de Galicia. Allariz é o lugar con maior número de museos e igrexas por habitante. As moitas rutas de senderismo que parten da nosa vila, os diversos outlets, unha excelente gastronomía e mais o evento de ENCIGA impedirán que teñades excusas para non vir a Allariz. Estamos seguros de que quedaredes gratamente sorprendidos.

Na páxina web www.enciga.org podedes consultar o formato e prazos de presentación dos traballos, así como facer a inscrición ao congreso.

Un saúdo das coordinadoras do XXX congreso de ENCIGA

Contactar Congreso

ROSA MÉNDEZ CAMPOS
MARÍA DEL PILAR MERA CID

IES ALLARIZ
Emilia Pardo Bazán, S/N
32660, Allariz
Tef: 981788001
Fax: 981788011
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesllariz/

Contidos do Congreso

Actividades

No congreso desenvolveranse as seguintes actividades:

  • Conferencias
  • Comunicacións
  • Comunicacións en cartel
  • Obradoiros
  • Exposicións e mostra de materiais
  • Debates
  • Visitas e actos sociais
Temas

Os temas que suxerimos para a presentación de traballos, sen carácter excluínte, son:

  • Experiencias didácticas
  • Actividades de investigación-acción
  • Experiencias interdisciplinares
  • Tratamento de contidos transversais
  • Avaliación
  • Estratexias metodolóxicas
  • Desenvolvemento curricular
  • Materiais curriculares
  • Recursos multimedia
  • Aquel tema que prefiras, porque xamais sobrará o que nos queiras contar