Exposición: “O Courel: terra de Soutos”
RESUME
A Serra do Courel é un macizo montañoso situado no surleste da provincia de Lugo, que se estende polos concellos de Folgoso do Courel, Quiroga, Pedrafita do Cebreiro, Barjas, Oencia, Samos, Vilamartín de Valdeorras, Incio, Triacastela e Poboa do Brollón.
Cobre unha superficie de máis de 80.000 hectáreas, con fortes variacións de altitude, dende os 300 no val do Lor aos máis de 1.600 m nos cumes de Formigueiros (1 643 m) e o Pía Paxaro (1 610 m). Os ríos Selmo, Soldón, e Lor, e os seus afluentes forman ricos vales con moi variados hábitats e ecosistemas que fan que esta serra sexa a reserva de biodiversidade e xeodiversidade máis importante de Galicia, diversidade recoñecida a nivel europeo ao ser incluída na Rede Natura 2000.
Nunha sima desta serra atopáronse os restos humanos máis antigos de Galicia (entre 8 000 e 10 000 anos). Na cova Eirós achouse recentemente, a única industria lítica Neanderthalensis de Galicia.
A gran diferenza altitudinal entre os profundos vales e os cumes, a enorme variedade de substrato edáfico e rochoso, e a confluencia de variedades climáticas Atlántica e Mediterránea, son as causas de que esteamos ante o espazo de maior biodiversidade de Galicia tanto botánica como faunística.
As Devesas, os mellores bosques primitivos de Galicia, e os Soutos, máis de un centenar de bosques, todos eles con exemplares de máis de 300 anos, e os únicos aciñeirais de Galicia, conforman o patrimonio forestal, ameazado por repoboacións alóctonas sen sentido. Centos de camiños e sendeiros, numerosos colmeares fortificados contra o oso, cabanas de pastoreo, ferreirías, pontes, vilas medievais… dan idea dun poboamento antigo por parte do home, que soubo sobrevivir sen producir danos irreparables a natureza que o rodeaba.
Fotógrafo especializado en fotografía de natureza, membro da Asociación Española de Fotógrafos da Naturaeza (AEFONA) e membro fundador da Sociedade Internacional Wildlife Photography Society, que ten como principal labor a divulgación dos nosos valores naturais a partir, fundamentalmente, dos traballos dos seus membros. Organizador e promotor do primeiro congreso de Natureza e Fotografía de A Coruña, en 2009, que contou coa colaboración dos Museos de A Coruña. Foi director da revista Naturaleza Salvaje a través de la Fotografía desde xaneiro de 2004, un referente en calidade de impresión a nivel nacional. Ten obtido máis de 40 premios de fotografía en certame como o de “Colmenar Viejo”, “La Semana de la Cigüeña” de Plasencia, “Naturalistas de Girona”, “Montbarbat”, “Premios Galen Rowell”, “Memorial María Luisa”, “Ateneo Ferrolán”… Impartiu máis de 50 cursos de fotografía a todos os niveis a colectivos de fotógrafos, deseñadores gráficos e a investigadores, entre eles o de Macrofografía e o de Aplicacións Científicas da Fotografía (Nivel avanzado), na Estación de Fitopatoloxía de O Areeiro. Na actualidade imparte cursos de xestión de color, Lightroom, Photoshop para fotógrafos e fotografía nocturna. Realizou numerosos audiovisuais para diferentes congresos internacionais e nacionais, algún dos cales forma parte dos contidos de aulas de interpretación de diferentes parques nacionais de Costa Rica. Participa en diferentes exposicións a nivel nacional (Outono fotográfico, Semana de la cigüeña, Museo de Ciencias Naturales de Madrid, Exposición de FONMAD 2007, AEFONA 2007…). Con carácter individual organizou as exposicións O límite do mar, Dulce y salada e A Costa Ártabra. Colaborou e realizou libros como Rutas para fotografiar la Naturaleza, Ferrol para ver, Macrofotografia, Camelia, Guía de los salmones de España, Guía de los anfibios y reptiles de la Península Ibérica… As súas fotos edítanse con frecuencia en almanaques, dípticos, folletos, pósteres, carteis, webs e revistas de divulgación da natureza (Natura, Quercus,...)
|