Ruta 2: Costa Ártabra

Ruta 2: Costa Ártabra

Datos de interese

Saída: 10 horas

Lugar: Aparcamento dos IES As Telleiras e Terra de Trasancos

Regreso: 13:30 horas

Transporte: autobús e paseos a pé sen dificultade ( non máis de 4 km e de xeito opcional)

Nº DE PRAZAS: 28

Material: roupa axeitada, calzado cómodo, impermeable, prismáticos e cámara de fotos.

Percorrido

Contido da visita

  • A COSTA ÁRTABRA discorre polo litoral dos concellos de Ortigueira, Cariño, Cedeira, Valdoviño, Narón, Ferrol, Ares e Mugardos. Atopámonos ante espazos da REDE NATURA 2000, LIC e ZEPA.
  • Esta costa ofrece unhas vistas únicas de acantilados, praias abertas e calas resgardadas da ondada, así como as lagoas de Doniños e Valdoviño de grande interese natural e paisaxístico.
  • Comezaremos a visita camiñando a carón da praia Frouxeira (Valdoviño) e da súa lagoa que serve de lugar de descanso durante os pasos migratorios de primavera e outono. Nela existe un observatorio de aves.
  • Continuaremos en autobús ata o faro da punta Frouxeira onde podemos contemplar as praias de Valdoviño ao leste e Meirás ao oeste.
  • Chegaremos ata o Cabo Prior en Cobas, xa no concello de Ferrol, dende o que poderemos divisar a praia de Santa Comba, cunha ermida á que se pode acceder na baixamar, e ao lonxe a praia de Ponzos. Tamén poderemos observar o faro e os restos de baterías defensivas de costa.
  • Máis aló, se a climatoloxía é xenerosa, os cantís, pequenas calas de Narón e... a punta Frouxeira.