Ruta 3: Neda

Ruta 3: Neda

Datos de interese

Saída: 10:00 horas

Lugar: Aparcamento dos IES As Telleiras e Terra de Trasancos

Regreso: 14:00 horas

Transporte: 10 km camiñando sen dificultade. O final da ruta farase en autobús.

Nº DE PRAZAS: 40

Material: roupa axeitada, calzado moi cómodo e impermeable, paraugas e cámara de fotos.

Percorrido

Contido da visita

  • Saída camiñando dende o aparcamento dos institutos ata chegar ao Mosteiro de San Martiño de Xubia. O camiño percorre zona semiurbana e un tramo do Camiño Inglés de Peregrinación a Compostela.
  • Visita ao interior do Mosteiro de San Martiño, tamén coñecido como Mosteiro do Couto. O mosteiro, de estilo románico galego, foi mandado construír no século XII sobre os restos dun templo anterior do século X.
  • Achegarémonos a Neda camiñando polo paso inferior da vía do tren. Alí poderemos disfrutar da visita ao entorno de San Nicolás, situada á beira do mar e coa ponte de Xubia ao fondo.
  • Percorreremos un novo tramo de Camiño inglés movéndonos polo rueiro no que nos atoparemos coa panadería-confitería O CARRIZO, na que poderemos degustar o famoso pan de Neda e outras ledicias.
  • Subiremos en autobús ao Monte de Ancos, dende o que poderemos ver (se o día axuda) unha excelente panorámica de Xubia, Narón, Neda, Ferrol, as rías de Ferrol, Betanzos, a costa de Valdoviño e ata o infinito...
  • Regreso cómodo en autobús aos institutos.