Ruta 4: Ria de Ferrol

Ruta 4: Ria de Ferrol

Datos de interese

Saída: 10:00 horas

Lugar: Aparcamento dos IES As Telleiras e Terra de Trasancos

Regreso: 13:45 horas

Transporte: autobús e barco

Nº DE PRAZAS: 90

Material: roupa axeitada, calzado cómodo, impermeable e cámara de fotos.

Percorrido

Contido da visita

  • Saída en bus en dirección ao Concello de Ferrol para encamiñarnos á Dársena de Curuxeiras percorrendo a Avenida do Mar que nos ofrece a visión da enseada de Caranza, estaleiros de Navantia e diversas construcións militares do século XVIII.
  • No peirao de Curuxeiras colleremos un barco para dirixirnos ao Castelo de San Felipe. Iremos costeando a ría pola súa ribeira meridional atopándonos coas enseadas de A Malata, A Cabana e a base naval da Graña ata chegar ao atraque de San Felipe
  • Desembarcaremos para realizar unha visita a pé do interior do Castelo de San Felipe que foi construído na mesma boca da ría en 1577 para defender o estratéxico porto de Ferrol. Do castelo partía unha cadea que en caso de incursión naval levantábase impedindo o paso de navíos hostís.
  • Unha vez visitado o entorno volveremos a embarcar para percorrer a outra banda da ría na que veremos o Castelo da Palma e as enseadas de O Baño, Mugardos e O Seixo.