Ruta 5: Porto Exterior

Ruta 5: Porto Exterior

Datos de interese

Saída: 10:00 horas

Lugar: Aparcamento dos IES As Telleiras e Terra de Trasancos

Regreso: 13:45 horas

Transporte: autobús e barco

Nº DE PRAZAS: 90

Material: roupa axeitada, calzado cómodo, impermeable e cámara de fotos.

Percorrido

Contido da visita

  • Saída en bus en dirección ao Concello de Ferrol para encamiñarnos á Dársena de Curuxeiras percorrendo a Avenida do Mar que nos ofrece a visión da enseada de Caranza, estaleiros de Navantia e diversas construcións militares do século XVIII.
  • No peirao de Curuxeiras colleremos un barco para dirixirnos ao Porto Exterior. Iremos costeando a ría pola súa ribeira meridional atopándonos coas enseadas de A Malata, A Cabana, a base naval da Graña, San Felipe e saíndo xa cara mar aberto chegaremos ao Porto Exterior.
  • Desembarcaremos para realizar unha visita das instalacións. Subiremos ao edificio de control, o que nos permitirá disfrutar dunha vista panorámica do porto e da entrada da ría, así como coñecer os datos máis relevantes sobre a construción do porto e o seu funcionamento.
  • Unha vez visitado o entorno volveremos a embarcar para percorrer a outra banda da ría na que veremos o Castelo da Palma e as enseadas de O Baño, Mugardos e O Seixo