En absoluto houbo intención. Cando se lle pediu á persoa que o diseñou se lle deu a instrucción xeral de "torpedear a Ciencia pola LOE".
Non deixa de ser curioso este tipo de asociacións, porque recibín hai tempo outro correo onde se nos felicitaba porque reventaba "a capitalidade (sic) do estado español", se ben curiosamente sin citar para nada a nacionalidade do proxectil nin facer asociacións entre bós e malos.
Este tipo de asociacións está ben, e sen dúbida son imaxinativas, pero o único que quere decir o debuxo é o que se ve: torpedos contra a Ciencia e pésimas leis contra a sabiduría. Pero nada de rexións, nacións, estados ou zoas contra países, delimitacións territoriais ou terras. Só o que se ve.
En relación coa posibilidade de evitar este tipo de situacións pensamos que non se debe facer e pola nosa parte nós non o faremos nunca: en esencia implicaría limitar a imaxinación do autor ante un tema artístico, algo que de todo punto carece de sentido despois de pedirlle a súa particular visión sobre tal tema.
José Manuel Facal Díaz,
presidente@enciga.org