¿Que é? | Obxectivos | Estatutos | Directiva

Estatutos de ENCIGA

Título 1º: Da Asociación en xeral.

Artigo 1º.- A Asociación dos Ensinantes de Ciencias de Galicia acóllese ó réxime da vixente Lei de Asociacións do 24 de Decembro de 1964.

Artigo 2º.- É obxectivo específico da Asociación o fomentar, estimular e impulsa-la producción de material, feitos polos Profesores de Ciencias, que axude a mellora-la calidade da ensinanza de ciencias.
    Para a consecución dos seus fins, a Asociación promoverá:
   a) A publicación dunha revista de carácter científico que dé conta ós seus asociados dos traballos que se realizan no campo da didáctica das Ciencias.
    b) A organización dun Congreso Anual de ensinantes de Ciencias.
    c) A creación de Seccións e Grupos de Traballo sobre temas específicos dentro da ensinanza das Ciencias.
    d) A colaboración con entidades semellantes do resto do Estado e tamén do extranxeiro.
    e) A creación dun fondo de publicacións.

Artigo 3º.- O enderezo provisional queda situado en Carballo (A Coruña), rúa de Camiño Novo, 5, 5º dereita.

Artigo 4º.- O ámbito de actuación será o territorio de Galicia.

Título 2º: Dos socios.

Artigo 5º.- Os socios poderán ser de número, honra e colaboradores.
Serán socios de número tódolos profesores de ciencias que soliciten selo e que satisfagan a cota de ingreso establecida.
Serán socios de honra os nomeados pola Asemblea, a proposta da Xunta Directiva ou de vintecatro socios.
Serán socios colaboradores aquelas entidades públicas ou privadas que o soliciten e sexan admitidas pola Xunta Directiva.

Artigo 6º.- Perderase a condición de socio:
    a) Por vontade propia.
    b) Por falta de pago das cotas sociais durante o período dun ano.
    c) Por acordo da Xunta Directiva en faltas de carácter moi grave a reserva de que en última instancia decida a Asemblea Xeral.

Artigo 7º.- Tódolos socios teñen os seguintes dereitos:
    a) Participar en tódalas actividades que a Asociación promova.
    b) Recibi-las publicacións da Asociación.
    Os socios de número terán ademáis os seguintes dereitos:
    c) Exercita-lo dereito de voz e voto nas Asembleas Xerais.
    d) Ser membro da Xunta Directiva.

Título 3º: Dos órganos directivos.

Artigo 8º.- A Asemblea Xeral de Socios é o órgano soberano da Asociación, e está integrado por tódolos seus membros.

Artigo 9º.- A Asemblea Ordinaria:
    a) A Asemblea Xeral reunirase de maneira ordinaria polo menos unha vez ó ano, no lugar e data que acorde a Xunta Directiva, sendo obrigado un mínimo de quince días naturais entre a convocatoria e a celebración.
    b) A Asemblea queda constituida válidamente en primeira convocatoria coa presencia da metade máis un dos socios, ou media hora máis tarde en segunda convocatoria, cos socios presentes.
    c) Os acordos tomaranse pola metade máis un dos presentes, salvo que se establezca outro criterio en estes Estatutos para algún outro tema.
    d) Compete á Asemblea Xeral ordinaria:
        - Elexir á Xunta Directiva.
        - Aproba-la normativa que rexira o funcionamento das Seccións e Grupos de Traballo que nazcan do desenvolvemento do artigo 2º do Título 1º.
        - Aproba-lo estado das contas.
        - Xuzgar e aproba-la memoria informativa das actividades realizadas e a programación das seguintes.

Artigo 10º.- A Asemblea Extraordinaria:
    a) A Asemblea reunirase de maneira extraordinaria cando o solicite un tercio dos socios ou a petición da Xunta Directiva.
    b) A Asemblea Extraordinaria ten competencias para:
        1.- Disolve-la Asociación.
        2.- Modifica-los Estatutos.
        3.- Resolve-los asuntos
    c) Tódalas competencias da Asemblea Extraordinaria exerceranse co voto favorable das duas terceiras partes dos socios presentes. As votacións serán secretas.
    d) Na convocatoria da Asemblea Extraordinaria farase consta-la finalidade expresa da reunión.

Artigo 11º.- A Xunta Directiva estará formada por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoureiro, catro coordinadores provinciais, catro vocais provinciais, o coordinador da revista, o presidente do Comité Organizador do Congreso Anual e un representante de cada Sección.

Artigo 12º.- Os cargos da Xunta Directiva non serán remunerados. Elexiranse na Asemblea Xeral por dous anos, a excepción dos vocais que se elexirán tódolos anos. Tódolos cargos poderán ser reelexidos.
    Excepcionalmente, a primeira Xunta Directiva terá vixencia por un ano.

Artigo 13º.- A Xunta Directiva reunirase unha vez, alomenos, cada tres meses, co quórum da metade máis un dos seus membros.

Artigo 14.- Son funcións da Xunta Directiva:
    a) Convoca-la Asemblea Xeral.
    b) Fixa-la orde do día das Asembleas.
    c) Promove-las actividades que se prevén no artigo 2º dos Estatutos.
    d) Nomea-lo Comité Organizador do Congreso Anual e o Coordinador de redacción da revista.
    e) Administra-la Asociación.

Artigo 15º.- É función do Presidente representa-la Asociación e presidi-la Asemblea Xeral e a Xunta Directiva, e ordea-los pagos.

Artigo 16º.- É función do Vicepresidente colaborar co Presidente e sustituilo no caso de ausencia, enfermidade ou cese.

Artigo 17º.- É función do Secretario tramita-las solicitudes de ingreso, leva-lo libro de socios e o de Actas.

Artigo 18º.- É función do Tesoureiro dirixi-la contabilidade, recadar e custodia-los fondos da Asociación e dar cumprimento ás ordes de pago que expida o Presidente.

Artigo 19º.- É función dos Coordinadores Provinciais a coordinación das actividades da Asociación na provincia.

Artigo 20º.- É función dos vocais provinciais a colaboración cos Coordinadores Provinciais.

Título 4º: Do réxime económico.

Artigo 21º.- O capital fundacional da Asociación é de cero pesetas. O límite do orzamento anual é dun millón de pesetas (1.000.000 ptas.)

Artigo 22º.- A contía da cota ordinaria a establecerá a Asemblea Xeral de acordo coas necesidades da Asociación.

Artigo 23º.- Os ingresos da Asociación serán:
    a) Cotas ordinarias dos socios.
    b) Subvencións.
    c) Donativos.

Título 5º: Da disolución da Asociación.

Artigo 24º.- A Asociación disolverase previo acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada con este único motivo. Neste caso, o patrimonio da Asociación repartirase entre Centros de Ensinanza, actuando como comisión liquidadora a última Xunta Directiva.

 


Copyright © 2001, ENCIGA