|
|
|
|
O obxectivo fundamental de ENCIGA é tenta de mellora-la calidade no ensino na área de ciencias, nos niveis educativos non universitarios.
Para consegui-lo seu obxectivo fundamental, ENCIGA tenta de impulsar e dinamiza-los traballos de investigación educativa e intercambio de información entre os asociados/as.
Tódolos resultados e informacións, tanto dos grupos de traballo coma dos asociados/as, canalízanse a través do Boletín das Ciencias que é o medio de comunicación oficial de Enciga.
O Congreso Anual de Ensinantes de Ciencias é o acontecemento anual da asociación que, ademais do fin formativo, terá un fin claramente social: o achegamento entre nós, ademais de colegas, verdadeiros amigos/as na profesion.
Por último, debe ser ENCIGA un colectivo a consultar polas autoridades educativas á hora de acometer calquera traballo que afecte directamente á didáctica das ciencias.
|
|
Copyright © 2001, ENCIGA |