¡BASTA XA Á PIRATERÍA NO MAR!

ENCIGA (Asociación dos Ensinantes de Ciencias de Galiza), na celebración do seu Congreso anual e logo de reflexionar sobre os acontecementos sociais que tiveron lugar nos últimos días e nos últimos anos, querelle decir a Sociedade galega, española e mundial, que:

1.- Como educadores e educadoras que somos, temos a obriga de ensinar á sociedade que nos paga, aquelo que sabemos, e como tales, para á sua reflexión, sinalamos:

Galiza é un pobo milenario que ao longo da súa historia conviviu armonicamente co seu medio natural, vivindo dos seus recursos naturais, da terra e do mar, e respetando as normas que a natureza nos impón.

Nos últimos anos, unha sociedade hostil co medio ambiente, vennos impedindo pescar nos caladeiros onde o viñemos facendo desde hai centos de anos. Pola contra, obríganos a convertir a nosa Plataforma continental nunha autoestrada de circulación de barcos cargados cos productos máis tóxicos.

Durante este tempo, dirixentes económicos e políticos de diferentes países, están a degradar os Océanos ao utilizalos como fosa de refugallos nucleares. As nosas autoridades, mesmo permiten que se destrúa a vida do noso mar ao consentir que os petroleiros circulen tan próximos á costa, lavando as suas sentinas e vertendo o petróleo sobrante ao mar acompañado de todos os seus refugallos.

Tanta contaminación nos mares, está orixinando a morte e desaparición de moitas especies, que non só son unha parte importante do sustrato alimenticio da nosa sociedade, senón que está provocando a perda da biodiversidade, impedindo mesmo o posible descubrimento de productos químicos capaces de resolver moitas das nosas enfermidades.

Nos últimos 25 anos, fomos víctimas de moitas agresións contaminadoras contra o noso mar e moi especialmente cinco gravísimos percances: Urquiola (ría da Coruña e Sada), Policomander (ría de Vigo), Cason (Costa da Morte), Mar Egeo (ría da Coruña) e agora o Prestige en todo o litoral.

Mentras tanto a desidia dos nosos dirixentes políticos, diante de tantas agresións ecolóxicas, está a obrigar aos nosos mariñeiros, a deixar a súa ocupación milenaria, reconvertíndose a outros traballos, se os atopan, ou mesmo emigrar (actualmente á construcción en Canarias ou a hostelería en Mallorca). Seguimos a cumplir a máxima: "Galiza non protesta, nen chora, emigra"

2.- Como científicos e científicas e diante do caso do petroleiro PRESTIGE, non podemos deixar de preguntarnos:

Par todo esto, queremos proclamar como resolución do noso XV congreso: ¡BASTA XA Á PIRATERÍA NO MAR!


Copyright © 2001, ENCIGA