|
|
|
|
Nesta páxina incluímos os recursos educativos suministrados polos socios ou simpatizantes de Enciga. Envíanos os teus para coñecemento de todos.
Biogeociencias
Portal que inclúe contidos relacionados coas ciencias da vida e da Terra e os impactos ambientais que se observan na actualidade. A web está organizada en seccións especializadas que recollen informacións actualizadas semanalmente de Bioloxía Celular, Xenética, Ecoloxía, Medicina, Nutrición, Xeoloxía e actividades didácticas e de investigación a niveis de ensinanza media e universidade.
En breve, terá servicio de envío de titulares de noticias de forma gratuita a todos aqueles que se subscriban á páxina nas direccións abaixo citadas.
Neste espazo inclúense tamén webs particulares que tratan varios temas con moita maior profundidade. Trátase das seccións seguintes:
Invitámoste, xunto cos seus alumnos e alumnas, a publicar aquí as túas experiencias e traballos. Para elo o noso e-mail é: biogeociencias@gmail.com Os editores deste portal, que agora comeza a súa andaina, invitámoste a colaborar no noso proxecto e a difundilo entre a comunidade educatvia: http://www.biogeociencias.com
Climántica
Proxecto que ofrece recursos como: "Prensa" (hemeroteca de novas diarias de EA desde que se publicou o proxecto e dispostas en categorías que coinciden coas unidades do proxecto), apartado "Formación" con ClimánticaMeteo que ofrece recursos para a meteoroloxía escoloar e que contén tamén" Climántica multimedia" (que xa contén unha unidade temática e o curso Moodle sobre cambio climático), "Centros" (contidos e ideas de centros que desenvolven o proxecto e queren participar), "Climántica tv" (no que poden verse xa dous documentais, un sobre cambio climático e outro sobre mobilidade e en setembro terá o paquete de documentais de Educación Enerxética) e "Descargas" (onde xa se poden descargar a unidade 1 por capítulos, o primeiro número do comic de EA, as presentacións do primeiro curso de formación&n e outros recursos diversos, sobre meteoroloxía, climatoloxía e cambio climático).
Laboratorio Virtual Ibercaja (LAV)
Proxecto que ten como obxetivo o ensino da Ciencia e a Tecnoloxía mediante as novas ferramentas da información e a comunicación. A súa principal actividade é o acceso gratuito a máis de 200 simulacións informáticas para a aprendizaxe da Ciencia e a Tecnoloxía nos niveis de ESO, Bachiller e Ciclos Formativos.
|
|
Copyright © 2001, ENCIGA |