VI OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA 2º ESO |
|||
| Organizan: | |||
|
Asociación
Galega de Profesores de Educación Matemática
|
|||
|
Sección
de Matemáticas de Ensinantes de Ciencias de Galicia
|
|||
| Colaboran: | |||
| Concello de Oleiros | |||
| GRUPO EDITORIAL ANAYA | |||
|
Co fin de promover a ensinanza e a aprendizaxe das Matemáticas a través da Resolución de Problemas e do traballo en equipo, organizada por AGAPEMA e ENCIGA e coa colaboración dos CEFORES, convócase a: VI OLIMPÍADA MATEMÁTICA GALEGA PARA O ALUMNADO QUE CURSA 2º DA ESO NA COMUNIDADE AUTONÓMICA DE GALICIA |
|||
BASES |
|||
|
1.
PARTICIPANTES:
Poden participar todos os estudiantes dos centros educativos de Galicia
matriculados en 2º da ESO no curso escolar 2003/04. Nesta súa 6ª edición, a Olimpíada Matemática Galega 2º de ESO está dirixida a todo o alumnado do 2º curso da ESO dos centros públicos e privados de Galicia. Cada Centro pode presentar á Fase de Zona dous participantes por cada unha das súas unidades (grupos-clase) de 2º da ESO. Os centros que desexen participar formalizarán, antes do 1º de marzo, a súa inscrición nesta páxina web ou comunicando por correo postal o número de grupos de 2º de ESO que van participar e o profesorado responsable da participación a: |
|||
|
|
||
| A comunicación cos participantes realizaráse, salvo que se indique o contrario na inscrición, a través do correo electrónico. Para calquera comunicación ca organización utilizar o correo electrónico olimpiada2eso@edu.xunta.es | |||
|
2. COMITÉ COORDINADOR: O Comité Coordinador está constituído por membros de AGAPEMA e ENCIGA e organizará a Fase Final Galega. En cada zona constituirase un Comité encargado de orientar a Fase de Centro e organizar a Fase de Zona. O Comité Coordinador ten entre as súas funcións nomear o xurado da Fase Final Galega.
3. FASES DA OLIMPÍADA: A IV Olimpíada constará de tres fases 3.1 Fase de Centro: Esta fase ten lugar en cada Centro que debe poñer en marcha, entre o seu alumnado, todo o proceso de adestramento na Resolución de Problemas tanto a nivel individual como colectivo e, ao remate do mesmo, enviar á Fase de Zona como máximo dous representantes por cada grupo de 2º da ESO. Co obxectivo de facilitar o traballo dos profesores participantes, a organización publicará semanalmente nesta páxina tres problemas coas súas solucións. O profesorado inscrito recibirá unha contrasinal para acceder ás solucións destes problemas. Así mesmo, os profesores que desexen enviar problemas para ser incluídos na páxina poderán facelo en olimpiada2eso@edu.xunta.es. O remate desta fase será o 3 de abril.
3.2 Fase de Zona:
3.3 Fase Final Galega O obxectivo desta xornada é ter un día de convivencia e realizar as probas individuais xunto con actividades de carácter máis lúdico. A esta fase final acudirán 40 participantes seleccionados na Fase de Zona, correspondéndolle a cada unha un número de prazas proporcional ó número de participantes presentados na Fase anterior.
4. Interpretación. A interpretación das presentes bases correspóndelle ó Comité Coordinador. |
|||
Para contactar |
|||
|
Responsable
da páxina web: |
|||