Non hai
ningún procedemento xeral que poda aplicarse á resolución de problemas,
pero si é posible establecer algunhas indicacións útiles na maioría dos
casos:
- Primeira e fundamental,
ler atentamente os enunciados completos.
- Organizar os datos separando
o que coñecemos do que queremos coñecer.
- Evitar facer suposicións.
Os preconceptos e prexuizos son con frecuencia as principais dificultades
a hora de resolver un problema.
- Intentar relacionar o
problema con algún problema similar.
- No caso de problemas xeimétricos,
debuxar un esquema da situación.
- En problemas numéricos
e alxébricos, asignarlle ós datos descoñecidos valores e logo substituílos
por números xerais (incógnitas).
- Proceder por tanteo probando
con distintas solucións e posibilidades.
- E, sobre todo, NON desanimarse.
A paciencia e a perseverancia son a mellor ferramenta na resolución
de problemas
|