SEDES DA FASE DE ZONA |
|
A fase de zona da VI Olimpíada Matemática Galega de 2º ESO terá lugar o venres 30 de abril e desenvolverase segundo o seguinte programa:
Os lugares de celebración da proba en cada zona son:
Cada centro ten que presentarse na zona onde está inscrito. A proba consistirá na resolución individual de 5 problemas. O alumnado disporá dun tempo máximo de dúas horas e poderá ir provisto de calculadora e material de debuxo (regra, ..). Na valoración dos problemas primará o método de resolución empregado, a súa orixinalidade, etc, por enriba da mera solución. O alumnado deberá ir provisto do seu DNI e no seu defecto, do carné do instituto ou do transporte escolar para a súa posible identificación por parte da organización. En cada zona seleccionaranse un número de participantes para a fase final proporcional o número de participantes nesa zona. A lista dos 40 participantes na fase final será colocada na páxina web da olimpíada, http://www.agapema.com e http://www.enciga.org e comunicada só os centros con alumnado seleccionado. Para calquera aclaración olimpiada2eso@edu.xunta.es |