Problema 23: Non te cortes coas Cortes
XIII OLIMPIADA MATEMÁTICA ESTATAL, SAN FERNANDO (CÁDIZ)
Proba Individual 27 de xuño de 2002 PROBLEMA 1

A principios do século XIX convócanse Cortes na ciudade de San Fernando.

Se a fecha da convocatoria é dd-m-aaaa, cúmprense as seguintes propiedades:

- O único díxito que se repite, e só unha vez, é o 1.

- A data contén todolos díxitos que son cadrados perfectos.

- Se comezamos pola esquerda, o segundo díxito é o cadrado do primeiro.

- A suma dos díxitos tamén é un cadrado perfecto.

- Se se considera a data como un número de 7 cifras, ddmaaaa (por exemplo, a cifra do día 27-3-2003 sería 2722003), o número é divisible entre o primeiro díxito da esquerda. ¿Cal é a data na que se convocaron as Cortes?

 

Problema seguinte

Solución
Problema seguinte

Volver á páxina xeral de problemas