| Problema 29: ¿Onde está o euro que falla? | |
|
Tres amigos van comer a un restaurante. Despois dunha estupenda comida a base de marisco piden a conta. Camareiro: Son trinta euros. Despois de darlle os trinta euros, din: Lembra que somos clientes habituais, ¿non nos fan unha rebaixa?
O camareiro vaise cos 30 e trasmítelle ao dono o que lle dixeron os tres amigos. Dono: Está ben, descóntalles cinco euros. Ao volver a mesa, o camareiro decátase de que 5 son difíciles de repartir entre tres polo que decide quedarse con 2 e devólvelle 1 a cada un. Cada un dos amigos pagou 9 (10 que pagaron menos 1 que lles devolveu o camareiro) e 9x3 fan 27, máis os 2 do camareiro fan 29, ¿Onde está o euro que falla? |