Presentación do XXXII Congreso de ENCIGA

Lugar de celebración

  • IES María Sarmiento (Viveiro)

Datas

  • 14, 15 e 16 de novembro de 2019

Comité organizador do XXXI Congreso de ENCIGA:

Coordinadores: 

  • José Luis Varela Piñeiro
  • Mª Elena Pérez Inés
Correo web para o Congreso: congreso32@enciga.org
  • Data límite para a inscrición: 11 de novembro
  • Data límite para envío de resumos: 11 de outubro
  • Data límite para envío de ponencias completas: 16 de outubro

Inscrición aquí. Máis información no menú da esquerda: XXXII Congreso (2019)

 

 

PRESENTACIÓN DA GUÍA DOS ELEMENTOS QUÍMICOS

O pasado luns 22 de xaneiro a Real Academia Galega presentou en A Coruña a nova “Guía dos elementos químicos”, un libro que explica a orixe dos nomes dos elementos e afonda na súa historia e no seu coñecemento. Na presentación estiveron os seu autores, Manuel Bermejo, Marcelino Maneiro e Ana González, profesores de Química Inorgánica e membros de ENCIGA. O libro, que será sen dúbida unha obra de referencia para o profesorado de Química, Bioloxía ou Farmacia, xa fora presentado no XXXI Congreso de ENCIGA.

CURSO “INTRODUCINDO O SOFTWARE CIENTÍFICO NAS AULAS: R COMMANDER”

O Programa de Formación de Innovación Docente da Universidade de Santiago de Compostela organiza o curso “Introducindo o software científico nas aulas: R Commander” dirixido ao profesorado de Ensino Medio con especialidade en Matemáticas. Esta actividade de formación está recoñecida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

19ª Jornadas para el Aprendizaje y la Enseñanza de las Matemáticas (JAEM)

Entre o 3 e o 5 de Xullo terá lugar na Coruña a 19 edición das JAEM.

Nesta edición o comité científico decidiu dedicar un núcleo temático a Educación Infantil e outro á Educación Primaria, buscando unha maior presencia de docentes e trabajllos destas primeiras etapas, fundamentais na educación matemática.

Máis información en https://www.19jaem.org/

Páxinas

Subscribe to ENCIGA RSS