RUTA 1: Visita guiada a Inasus, Tecglass e Castro Tecnolóxico Número máximo de participantes: 25 Saída en autobús dende instituto: 10:00 h A ruta finalizará no Concello de Lalín Tempo estimado: 3h Profesor acompañante: Javier Enjamio | ||
Descrición | Fotografías | |
INASUS S.L fundouse no ano 1979 en Lalín, como unha compañía dedicada á aplicación do aluminio para a construción. Nos seus inicios contaba con tan só seis traballadores e cunhas instalacións de 200 m2. Co paso dos anos, INASUS apostou polo deseño, a fabricación e a execución en obra de fachadas especiais, alcanzando unha importante cota no mercado nacional e tamén no internacional. A chave deste éxito foron os seus recursos humanos, a súa aposta por incorporar a tecnoloxía máis avanzada, uns altos estándares de calidade e a innovación. | ||
TECGLASS S.L é unha empresa especializada na produción de maquinaria e compoñentes de elevado contido tecnolóxico para a impresión dixital sobre vidro. Fundada en 2002 por un grupo de profesionais con experiencia e coñecemento deste sector industrial, nos últimos anos Tecglass superou os procedementos tradicionais de decoración e ofrece unha ferramenta sinxela e eficiente para aplicación de motivos gráficos e imaxes fotográficas directamente sobre vidro. Deste xeito, permite empregar tintas cerámicas para uso en interiores e exteriores sobre placas de calquera tamaño. Con recursos humanos da comarca, Tecglass é un referente mundial neste sector. https://www.tecglassdigital.com | ||
O Castro Tecnolóxico, que alberga o Concello de Lalín, é unha referencia arquitectonica do século XXI a nivel mundial construido polos arquitectos Luis M. Mansilla e Emilio Tuñón. A súa construción semella a das antigas edificacións castrexas. Inaugurouse en 2013, ano no que resultou premiado pola XII Bienal de Arquitectura e Urbanismo de España. Imaxes de: |
RUTA 2: Visita guiada a Kalekoi, Embutidos Lalinense e Museo Municipal Número máximo de participantes: 20 Saída en autobús dende instituto: 10:00 h A ruta finalizará no Museo Municipal de Lalín Tempo estimado: 3h Profesor acompañante: Eva Vilas | |
Descrición | Fotografías |
Kalekoi é unha empresa que se funda en 2016 da man de dous xoves emprendedores de Lalín e que se dedica á elaboración de iogures artesanais empregando leite 100% galego. Este proxecto empresarial recibiu diversos galardóns e os seus produtos pódense adquirir en pequenos establecementos de varias localidades galegas. http://www.kalekoi.com/index.php | |
Embutidos Lalinense é unha empresa familiar que nace en 1949 na comarca do Deza. Elabora embutidos de xeito tradicional, que se caracteriza polo atado manual e o afumado con leña de carballo. Combinando tradición e modernidade, desenvolve innovadores produtos como friames de lacón con grelos e chourizo e conservas de cocido e lacón con grelos, recoñecidas con diversos premios. https://www.embutidoslalinense.com/ | |
O Museo Municipal de Lalín inaugurouse o 30 de novembro de 1989, adaptándose para tal fin o edificio do século XIX con xardín que pertenceu ao sabio astrónomo Ramón Mª Aller Ulloa, e onde se emprazou o primeiro Observatorio Astronómico de Galicia. Está dedicado a tres dos fillos ilustres de Lalín: D. Ramón Mª Aller Ulloa, Joaquín Loriga e Laxeiro. En 2010 levouse a cabo un proxecto para recuperar o observatorio astronómico coa reforma da cúpula, recuperando a madeira orixinal, e a instalación dun telescopio Planewave de 0,51m de apertura. Na actualidade acolle actividades periódicas de difusión e educación no eido da astronomía. http://museos.xunta.gal/es/ramon-maria-aller | Imaxe de: http://www.santiagoturismo.com/museos/museo-municipal-ramon-maria-aller |